En gramática, inesivo é o nome dun caso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposición en ou con dentro de.

Por exemplo, en turco evlerimde significa 'dentro das miñas casas', de ev 'casa'. En finés, 'na casa' é talo·ssa, maja·s en estoniano, etxea·n en éuscaro e ház·ban en húngaro.

Linguas aglutinantes Nas linguas aglutinantes, este caso esprémese habitualmente mediante un afixo:

sufixo -ssa en finés: talo 'casa' → talossa 'na casa' sufixo -s en estoniano: maja 'casa' → majas 'na casa' sufixo -ban/-ben en húngaro: a ház 'a casa' → a házban 'na casa' sufixo -ni/-de en xaponés: ie 'casa' → iede/ieni 'na casa'

Linguas flexivas Nas linguas flexivas, o caso exprésase normalmente mediante unha preposición, ou tameń mediante flexión: preposición à en francés: la maison, "a casa" → à la maison "na casa" (en galego, a preposición é en). preposición in e flexión do dativo en alemán: das Haus "a casa" → in dem Haus(e) ou im Haus(e)

En certas linguas indoeuropeas, a utilización dunha flexión permite opor o inesivo e o ilativo, que fan uso normalmente da mesma preposición: en latín ilativo: in cubiculum eo 'vou ao cuarto' (flexión: acusativo) inesivo in cubiculo sum 'estou no cuarto' (flexión: ablativo) en alemán: ilativo: ich gehe in den Wagen 'entro no coche' (flexión: acusativo) inesivo : ich bin in dem Wagen 'estou no coche' (flexión: dativo) Noutras linguas desta familia, entre elas o galego, esta oposición vén dada unicamente polo contexto ou polo cotexto (por exemplo, pola utilización un verbo de movemento ou estático).

Categoría:Caso gramatical