Morane é un atol situado no extremo sur das Tuamotu, a 110 km ao oeste de Mangareva. Administrativamente depende da comuna de Gambier.
Xeografía
Está formado por unha lagoa pechada, de 11 km², e tres illotes con cocos e Pandanus cunha superficie de 2 km². Esta deshabitado e é visitado ocasionalmente polas plantacións de cocos.
Historia
Foi descuberto en 1822, polo capitán estadounidense Nathaniel Cary do baleeiro Gideon Barstow e chamouno Barstow's Island. Historicamente tamén se chamou Cadmus.
Categoría:Atois de Tuamotu