Alexander Cumming foi un reloxeiro escocés ao que se atribúe a invención da cadea do retrete. Esta primeira patente para a cisterna do váter foi acadada por Cumming en 1775. Trátase en certa maneira do precedente do retrete moderno, permanecendo unha pequena cantidade de auga no tubo logo de cada tiro da cisterna, evitando deste xeito a ascensión dos cheiros ao cuarto e por extensión á vivenda. Cómpre salientar que John Harington xa inventara unha cisterna como tal en 1596, mais sen a trampiæa para manter a auga.
Notas
Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Nados en 1733 Categoría:Finados en 1814