"Hopeful" é o single número 15 da cantante xaponesa Ami Suzuki, que ía ser lanzado o 9 de febreiro do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.
Información
Esta canción ía ser o single debut de Ami baixo o selo avex trax cando firmou co selo, e estivo inicialmente dispoñible para descargar da súa páxina oficial como ton de móbil. O single ía ser lanzado o 9 de febreiro do ano 2005, pero foi cancelado por razóns descoñecidas e substituído por "Delightful", que sairía en marzo do mesmo ano.
"Hopeful" aparecería por primeira vez nun CD no maxi-single "Delightful", e no primeiro álbum con avex, "Around the World", pero nunha versión remesturada do DJ Overhead Champion. A versión orixinal foi promovida na radio e nalgunhas páxinas webs, pero nunca foi incluída nun álbum.
Lista de temas
# Título 1. Hopeful 2. Hopeful (M.O.R. Remix) 3. Hopeful (OVERHEAD CHAMPION REMIX) 4. Hopeful (Hex Hector Remix)
Categoría:Sinxelos de 2005
ja:Hopeful