Doina é unha especie da lírica popular romanesa, na cal o ser humano, en directa relación coa natureza, expresa os seus sentimentos de soidades.

Segundo as causas que determinan a necesidade de expresarse a través da poesía, hai varios tipos de "doine" : de amor; de "cătănie", cando o home está lonxe dos seus seres queridos porque ten que loitar para defender o seu país; de pobreza; pastorís; de "haiducie", referíndose aos bandidos que vivían nos bosques e que, segundo a mitoloxía popular, eran nobres e xusticeiros; sobre o exilio; sobre o destino.

Dende o punto de vista estilístico, a "doină" destaca en comparación con outras creacións líricas romanesas pola súa riqueza en metáforas e a harmonía que consegue entre o eu lírico e a Natureza circundante, que contribúe a amplificar o estado anímico expresado.

Categoría:Música de Romanía