Manuel Castro Tellado, nado en Mosteiro (Pol) cara a 1910 e finado en Castro de Rei o 13 de xaneiro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Castro Palmeiro e Rosa Tellado. Xornaleiro e militante do PSOE, foi un dos fundadores da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Foi xulgado en Lugo por rebelión e declarado en rebeldía. Participou na organización dos grupos guerrilleiros que actuaban no leste da provincia de Lugo e que se integraron na Federación de Guerrillas de León-Galicia. En 1944 accedeu á xefatura da III Agrupación Guerrilleira, e tentou chegar a acordos cos grupos guerrilleiros comunistas do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1945 comandou a Federación. Morreu o 13 de xaneiro de 1947 nun enfrontamento coa Garda Civil en Castro de Rei. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.El Progreso, 27-12-1946, p. 2.
Vida persoal
Casou con Engracia Díaz. A súa irmá Silvina Castro Tellado estaba casada con Primitivo Rodríguez Otero.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes