Es Mercadal é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 138,34 km² onde no ano 2020 vivían 5 316 habitantes.

Demografía O municipio, que ten unha superficie de 138,34 km², contaba segundo o padrón municipal para 2017 do INE con 4 788 habitantes e unha densidade de 34,61 hab./km².

Entre 1981 e 1991, diminúe o termo do municipio porque Es Migjorn Gran se constituíu como concello propio.

Poboación por núcleos Repartición da poboación segundo o Padrón Continuo por Unidade de Poboación do INE.

Núcleos Habitantes (2014)Nomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional Homes Mulleres Arenal d'en Castell 423 209 214 Coves Noves 141 71 70 Fornells 926 487 439 Ses Salines 65 35 30 Na Macaret 118 59 59 Es Mercadal 2782 1409 1373 Port d'Addaia 328 169 159 Son Parc 393 192 201

Goberno e administración O pleno do concello está constituído por 11 concelleiros e está presidido polo alcalde Francisco Javier Ametller Pons do PSOE (5 concelleiros). O resto de concellarías ocúpanas Entesa (4) e o PP (2).

Alcaldes anteriores. 1974 - 1982. Fermín Gomila Pons 1982 - 1999. Antonio Pons Fuxá (PP). 1999 - 2010. Ramón Orfila Pons (APMF). 2010 - presente. Francesc Xavier Ametller Pons (PSOE).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Es Mercadal

Categoría:Es Mercadal