Ángel Suquía Goicoechea nado en Zaldibia, Guipúscoa, o 2 de outubro de 1916 e finado en Donostia o 13 de xullo de 2006, foi un sacerdote de España, cardeal e arcebispo de Madrid, diocese na cal mantivo o cargo como emérito. Era Doutor en Teoloxía.

Traxectoria Primeiros anos e presbiterado Recibiu a súa formación relixiosa, primeiro no seminario menor de Mutriku (Guipúscoa) e despois no seminario de Vitoria. Foi ordenado sacerdote en 1940, tras regresar precipitadamente da Alemaña ao estalar a Segunda guerra mundial, onde estaba estudando.

Dende 1941 foi membro activo da Acción Católica. No 1946 viaxou á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, doutorándose en 1949. No 1951 foi nomeado profesor do seminario vitoriano onde estudara, chegando á reitoría no 1955. Bispo de Almería O 17 de maio de 1966 foi nomeado bispo da diocese de Almería, recibindo a ordenación episcopal o 16 de xullo do mesmo ano. Durante o seu período á cabeza da diocese andaliza, estabeleceu o primeiro consello presbiteral da diocese e restruturou o seminario, trasladándoo á cidade de Granada e adscribíndoo á Facultade de Teoloxía da Compañía de Xesús.

Bispo de Málaga En 1969 foi trasladado á diocese de Málaga. A súa etapa comezou coa toma de posesión da sé o 24 de xaneiro do ano seguinte, e caracterizouse por un amplo traballo pastoral, visitando a totalidade de parroquias da diocese, e visitando asemade ao sacerdotes malagueños que exercían en Venezuela.

Arcebispo de Santiago de Compostela En 1973 foi trasladado novamente, nesta ocasión á arquidiocese de Santiago de Compostela.

Arcebispo de Madrid e cardeal En 1983 foi nomeado bispo de Madrid-Alcalá, recibindo o cardealado en 1985. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española de 1987 a 1993. No 1986 foi elixido membro da Real Academia da Historia e relacionouse, aínda que non era membro, co Opus Dei coa ocasión do proceso de canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá de Balaguer,Diario La Vanguardia, edición impresa de 16 de decembro de 1988. en cuxa causa canónica participou de oficioCronoloxía da canonización de Monseñor Escrivá de Balaguer na páxina oficial da Santa Sé.

Obras publicadas El cristiano ante una sociedad conflictiva. Edit. Palabra. Madrid, 2002. ISBN 84-7118-796-5 Seguir a Cristo hoy: discursos y conferencias. Encuentro, D.L. Madrid, 1992. ISBN 84-7490-294-0 Juan Pablo II y el hombre. Editorial Católica. Madrid, 1979. ISBN 84-220-0920-X

Sucesión apostólica

Ángel Suquía (1966) Antonio Riberi (1934) Pietro Fumasoni (1916) Domenico Serafini (1900) Serafino Vannutelli (1869) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541) Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Noticia do óbito na Cadena SER . Noticia do pasamento no Diario ABC In memoriam en Eclessia digital. Ficha biográfica oficial na Santa Sé. (en inglés)Ficha persoal en Catholic Hierarchy. Biografía e documentos na diocese de Madrid.

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Zaldibia Categoría:Cardeais de España Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina