A témpera é un arrefecemento brusco dunha peza. É utilizado na química de polímeros e na ciencia dos materiais para evitar procesos que se dan en temperaturas máis baixas, tales como transformacións de fase. Impedindo que o material permaneza moito tempo nas condicións de formación de estruturas non desexadas favorécese a formación das fases procuradas.
En metalurxia, é mais frecuentemente usado no endurecemento de aceiro ao introducir martensita, sometendo ó aceiro a un arrefecemento brusco e obrigándoo a pasar polo seu punto eutectoide, a temperatura onde a austenita se encontra inestábel.
Procedemento miniatura|350px|Diagrama TTT de procesos de temperado de aceiro dúctil:
1 Témpera Martensitica 2 Témpera Bainítica (isotérmica) 3 Témpera Bainítica (non isotérmica) 4 Área de formación de Perlita 5 Área de formación de Bainita |centro A témpera ten como obxectivo a obtención dunha microestrutura que proporcione propiedades de tenacidade elevadas.
A peza a ser temperada é aquecida a temperatura de austenitización e en seguida é sometida a un arrefriamento brusco, ocorrendo o aumento de dureza. Durante o arrefriamento, a queda de temperatura promove transformacións estruturais que provocan o xurdimento de tensións residuais internas. Sempre após a témpera, realízase un o revenimento para conseguir a transformación da martensita en martensita revenida.
Como se ve no gráfico, a peza ten que se manter cando menos 3 minutos a 600º para que comece a formación de perlita, arrefriando máis rápido seguindo a liña 1 obtense como microestrutura final só martensita. Témperas intermedias producen diferentes estruturas finais. As témperas 2 e 3 producen microestrutura bainitíca.
Tipos Témpera por chama O quecemento provén de chama direccionada á peza, a través de mazarico ou outro instrumento, podendo así ser parcialmente temperada.
Témpera por indución O quecemento é obtido por indución eléctrica, seguida dun arrefriamento brusco, normalmente en auga.
Témpera superficial Quecemento soamente da superficie a través de indución ou chama até a austenitización, seguida dun arrefriamento rápido.
Témpera total Quecemento total da peza até temperatura de austenitización seguida de arrefriamento, en medio predeterminado.
Véxase tamén Bibliografía Giambattista della Porta, (1537-1615) "Of Tempering Steel"
Categoría:Metalurxia