Shalom (en lingua hebraica שָׁלוֹם, xeralmente traducido como paz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidade xudía, á semellanza do salaam árabe.
Etimoloxía A palabra shalom deriva da raíz ש-ל-ם, que nas linguas semíticas aparece co sentido de ser completo, ser cheo ou ser pleno, aparecendo en diversos textos co sentido de paz, salvación e prosperidade de individuos e nacións.
Expresións Dentro da lingua hebraica, a palabra shalom é utilizada en diversas expresións:
Shalom aleikhem (שָׁלוֹם עֲלֵיכֶם; literalmente "a paz sobre vós"), é a expresión completa do uso de shalom cando cumprimento, e é cognato ao árabe Assalamu Aleikum. A resposta a esta expresión é Aleikhem shalom. Shabbat shalom (שַׁבָּת שָׁלוֹם) cumprimento común usado no Shabat, sendo moi utilizado en comunidades Mizrahi, Sefaradi e en Israel. Algunhas comunidades asquenací empregan o termo yiddish Gut shabbes. Alav hashalom (עַלָיו הַשָּׁלוֹם; literalmente "sobre el a paz") é unha expresión usada nalgunhas comunidades xudaicas após mencionar o nome dunha persoa respectábel, equivalente ao árabe alayhi is-salaam).
Nomes Shalom é xeralmente utilizado como nome ou raíz de nomes dentro da comunidade xudaica, tendo como exemplo o rei Shlomo ou Salomón (שלומה).
Persoas coñecidas co nome de Shalom:
Silvan Shalom (político), e súa esposa Judy Shalom Nir-Mozes. Sholom Aleichem (escritor yiddish). Shalom Harlow (modelo e actriz). Shalom Carmy (rabino). Shalom Shachna (rabino). Yosef Shalom Eliashiv (rabino).
Categoría:Lingua hebrea Categoría:Xudaísmo