Harry Potter: Quidditch World Cup é un videoxogo de 2003 que trata sobre o deporte ficticio do quidditch, pertencente ao mundo máxico de Harry Potter. O xogo foi desenvolvido por dous equipos, EA UK e Magic Pockets, e foi publicado por Electronic Arts. Estreouse para Game Boy Advance, Microsoft Windows, PlayStation 2, Xbox e GameCube. O xogo non ten relación co proxecto abandonado por Nintendo 64.
Modo de xogo Os xogadores compiten pola Copa de quidditch de Hogwarts (xogada entre os equipos de Gryffindor, Slytherin, Hufflepuff e Ravenclaw) para despois intentar gañar a Copa Mundial de quidditch (competida entre os equipos dos EEUU, Inglaterra, Francia, Alemaña, Escandinavia, Xapón, España, Australia e Bulgaria).
Lista de xogadores de Hogwarts Grazas a este videoxogo coñecemos os nomes dalgúns personaxes que non se nomean nos libros (está ambientado no terceiro ano de Harry. Esta é a lista:
Gryffindor Angelina Johnson (Cazador) Katie Bell (Cazador) Alicia Spinnet (Cazador) Fred Weasley (Bateador) George Weasley (Bateador) Oliver Wood (Gardián) Harry Potter (Buscador)
Ravenclaw Jeremy Stretton (Cazador) Roger Davies (Cazador) Randolph Bone (Cazador) Duncan Inglebee (Bateador) Jason Samuels (Bateador) Grant Page (Gardián) Cho Chang (Buscador)
Hufflepuff Malcolm Preece (Cazador) Heidi Macavoy (Cazador) Tamsin Applebee (Cazador) Maxine O'Flaherty (Bateador) Anthony Rickett (Bateador) Herbert Fleet (Gardián) Cedric Diggory (Buscador)
Slytherin Marcus Flint (Cazador) Graham Montague (Cazador) Adrian Pucey (Cazador) Lucian Bole (Bateador) Peregrin Derrick (Bateador) Kevin Bletchley (Gardián) Draco Malfoy (Buscador)
Equipos da Copa do Mundo Os seguintes equipos internacionais están incluídos no videoxogo:
EEUU (o estadio local está situado na área de Nova Inglaterra). Inglaterra (o estadio está localizado nun vello castelo británico cuberto por hedras). Xapón (o estadio está ambientado nun palacio cun estanque substituíndo o campo e os soportes de gol). Alemaña (o estadio parece unha cidade medieval). Francia (o estadio parece o palacio de Versalles, con xardíns cubrindo o campo). Australia (o estadio está situado nun inestable canón escondido en Uluru). Escandinavia (o estadio do equipo nórdico está localizado nun enorme glaciar). España (o estadio parécese a unha praza de touros). Bulgaria (o estadio está sobre un lago conxelado arrodeado por agullas xeadas).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Harry Potter: Quidditch World Cup en MobyGames.com
Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos de Harry Potter Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador