Manuel Francisco Vieites García, nado en Lorbé (Oleiros) en 1956, é un profesor e estudoso do teatro galego.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Xermánica e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de ensino secundario. A partir de 1980, iniciou actividades varias como animador teatral. Así, participou na creación do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión, da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB de Pontevedra (1986-1989), e dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka. Desempeñou o seu labor docente no Instituto Politécnico de Vigo, do que foi Secretario e Director, e entre 2010 e 2021 tamén foi profesor asociado na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. Formou parte dos consellos de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixu as publicacións Ensaio e o Anuario Galego de Estudos Teatrais e participou na edición da Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia en 2004.
Dende 1996 forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e na actualidade dirixe a revista ADE/Teatro.
Obras Manuel F. Vieites é un destacado estudoso do teatro galego. Entre as súas obras máis salientábeis, figuran: Manual e Escolma da Literatura Dramática Galega (1996, Sotelo Blanco). La Nueva Dramaturgia Gallega. Estudio y Antología (1998, ADE, Madrid). Do Novo Teatro á Nova Dramaturxia (1998, Xerais). Galicia e Residencia Teatral (2001). Crónica do Teatro Galego (2003). A Configuración do Sistema Teatral Galego (1882-1936) (2003, Laiovento). O Teatro (2004).
Traducións A ola de caldo. O gato e a lúa, de William Butler Yeats (1996, Cadernos de Teatro). Experiencia e educación, de John Dewey (2020, Kalandraka)
Obras colectivas Teoría e Técnica Teatral. Unha introducción (1997, Laiovento). A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia). Cento vinte e cinco anos de teatro en galego (2007, Galaxia). VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012, Deputación da Coruña).
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos teatrais Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Vigo