O Samsung Z2 é un teléfono intelixente deseñado, desenvolvido, comercializado e fabricado por Samsung Electronics. Lanzouse o 29 de agosto de 2016 e é o primeiro teléfono intelixente 4G co sistema operativo Tizen.

Inclúe un procesador Cortex-A7 de catro núcleos a 1,5 GHz e unha batería de 1500 mAh. Ten 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento interno, ampliable ata 128 GB mediante unha tarxeta microSD. Ten unha pantalla TFT de 4,0 polgadas e unha cámara traseira de 5 MP con flash LED e apertura f/2,2. A cámara frontal é de 0,3 MP cunha apertura f/2,4. As opcións de conectividade inclúen Wi-Fi 802.11, Bluetooth 4, micro USB 2.0 e radio FM.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Samsung Z3 Samsung Z4

Categoría:Teléfonos móbiles Samsung