O Samsung Galaxy GT-I9100, oficialmente chamado Samsung Galaxy S II, é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 13 de febreiro de 2011 e lanzado o 15 de maio do mesmo ano. O teléfono vén con Android 2.3 Gingerbread e a interface de usuario TouchWiz 4.0 de Samsung. É o sucesor do Galaxy S, sendo o segundo teléfono da liña Galaxy S.

Características Presenta unha pantalla multitáctil Super AMOLED Plus cunha resolución de 800 x 480 píxeles. Ten un procesador Exynos 4210 e unha batería de 1650 mAh. Ten 1 GB de RAM e está dispoñible en dúas configuracións de almacenamento interno: 16 GB e 32 GB. Ten unha cámara traseira de 8 MP capaz de gravar vídeo a 1080p. As opcións de conectividade inclúen NFC, Wi-Fi 802.11 e Bluetooth 3.0.

O Samsung Galaxy S II e o Mini 2 non inclúen o ficheiro .mp3 da canción completa de Over the Horizon (2011) preinstalado, pero si inclúen o ton de chamada no catálogo de tons de chamada do teléfono. É o primeiro teléfono que inclúe este ton de chamada,desde que foi creado en 2011 despois da transición de Samsung Tune a Over the Horizon by Samsung.

Recepción O Galaxy S II tivo unha boa acollida. Engadget cualificouno como o mellor teléfono intelixente baseado en Android ata a data e posiblemente o mellor en xeral. CNET describiu o dispositivo como un dos teléfonos máis lixeiros e delgados que xamais tiveran o pracer de ter na man. TechRadar describiuno como un dispositivo que estableceu un novo estándar para os teléfonos intelixentes en 2011.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy