Gerulata foi un campamento militar romano situado preto da actual Rusovce, un municipio de Bratislava, Eslovaquia. Formaba parte da provincia romana de Panonia e construíuse no século II como parte do sistema de defensa fronteiriza Limes Romanus. Abandonouse no século IV, cando as lexións romanas se retiraron de Panonia.
Hoxe en día hai un museo, que forma parte do Museo da Cidade de Bratislava.
Os arqueólogos desenterraron os seus restos e os seus descubrimentos están expostos na sala do museo, que abre no verán e pódese atopar detrás da igrexa católica de Santa María Madalena na cidade. Ademais dos restos do foro romano, fragmentos de estruturas e lápidas, pezas de bronce, ferro, cerámica e pedra exhíbense nun museo que mostra a vida cotiá.
O obxecto mellor conservado é un edificio cuadrilátero de 30 metros de longo e 30 metros de ancho, con muros de 2,4 metros de grosor.
En xullo de 2021, Gerulata engadíuse á Lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO como parte do segmento occidental do Limes Danubiano do Imperio Romano.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía Kuzmová, Klára; Rajtár, Ján (eds) (1996). Gerulata I. Nitra: Archeologický ústav Akademie věd SK. Varsik, Vladimir (1998). "Das Römische Lager von Rusovce-Gerulata. Ein Beitrag zu Lokalisierung und Anfängen." Jahrbuch des Römisch-Germanischen Zentralmuseum Mainz 43, pp. 531–589. Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Eslovaquia
Ligazóns externas Gerulata
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Eslovaquia