Lee Martin, nado en Great Falls, Montana, o 16 de xullo de 1917 e finado o 16 de abril de 2011, foi un fotógrafo, autor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria Lee Martin naceu en 1917 en Great Falls, Montana. Entre 1937 e 1946 cursou estudos de fotografía, que compaxinou co seu servizo na Forza Aérea estadounidense entre 1943 e 1945.Smith, P. (2025).
Finalizada a segunda guerra mundial, traballou en varios estudios fotográficos entre 1946 e 1964, e logo foi xefe de publicidade de Miller Publications e da súa revista numismática CoinAge, desde 1965 ata a súa xubilación en 1982.
Como afeccionado á numismática, Martin coleccionou e estudou sinaladamente as coñecidas como moedas elongadas. Sobre estas e sobre outros temas publicou máis de 3.000 artigos en revistas especializadas como COINage, Coin Mart, Coin World, The Numismatist ou Rarities, e colaborou tamén cunha columna semanal de difusión numismática no xornal Orange County Register. En 1967 saíu á luz unha compilación dos seus artigos publicados ata aquel momento, baixo o título de Coin Columns.
No seu labor como divulgador numismático colaborou nos cursos de correspondencia organizados pola American Numismatic Association (ANA), e mesmo produciu unha serie de vídeos educativos con esa finalidade.Alpert, D. (1986). "Video Lets Collectors Get the Big Numismatic Picture". En Los Angeles Times. 28 de agosto.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Lee Martin foi un dos fundadores do Numismatic Literary Guild en 1968. Tamén foi fundador da entidade Numismatic Collectors of Orange County e pertenceu aos consellos directivos doutras como The Elongated Collector, California Collectors of Elongateds e outras, en California.
Vida persoal Lee Martin casou en 1958 cunha muller chamada Alice, con quen tivo un fillo. O seu falecemento produciuse o 16 de abril de 2011.
Recoñecementos
1970: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Lee Martin ao longo da súa traxectoria:
(1974). Today's Elongateds. (1981). Yesterday's Elongateds (con D. Dow).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2025). "Martin, Lee". En American Numismatic Biographies. Páxina 284.
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Montana Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes