Un simple accident (en ; Yek tasādof-e sāde) é un filme de suspense político de 2025 escrito e dirixido por Jafar Panahi. O filme é unha coprodución entre Irán, Francia e Luxemburgo. Conta a historia dun grupo de expresos políticos iranianos que se enfrontan á cuestión de vingarse dun home que cren que pode ser o seu torturador. Panahi, que é crítico co goberno iraniano e foi encarcerado varias veces, realizou o filme sen o permiso oficial de filmación das autoridades iranianas.
Estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 20 de maio, onde gañou a Palma de Ouro, e recibiu a aclamación da crítica. Nos Globos de Ouro, converteuse no primeiro filme iraniano en ser nomeado nas categorías de mellor filme - drama, mellor director e mellor guión, así como ao mellor filme estranxeiro. Na 98ª edición dos Óscar, foi nomeado nas categorías de mellor filme internacional (Francia) e mellor guión orixinal.
Personaxes Vahid Mobasseri como Vahid Mariam Afshari como Shiva Ebrahim Azizi como Eghbal Hadis Pakbaten como Goli/Golrokh Majid Panahi como Ali Mohamad Ali Elyasmehr como Hamid Delnaz Najafi como filla de Eghbal Afssaneh Najmabadi como muller de Eghbal Georges Hashemzadeh como Salar
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes dirixidos por Jafar Panahi Categoría:Filmes rodados en Irán Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de Arte France Cinéma