A Semana Santa de Hellín é o conxunto de actos relixiosos, procesións e tamboradas que se celebran na cidade de Hellín, na provincia de Albacete, durante a Semana Santa. Foi declarada festa de interese turístico internacional en 2007, coa denominación de Semana Santa e Tamborada de Hellín.

As tamboradas de Hellín forman parte das Tamboradas, repiques rituais de tambor, inscritas en 2018 pola UNESCO na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

As procesións e as tamboradas forman un conxunto inseparable dentro da celebración. A participación popular é moi elevada, tanto nos desfiles procesionais como no toque dos tambores, e a cidade conta cun amplo tecido de confrarías e irmandades que procesionan diferentes imaxes e grupos escultóricos.

Historia As orixes da Semana Santa de Hellín vincúlanse tradicionalmente coa visita de Vicente Ferrer á localidade no ano 1411. Segundo a tradición, o santo percorreu a poboación acompañado de músicos e cantores, entre eles intérpretes de instrumentos de percusión, o que se relaciona coa formación das antigas procesións penitenciais.

Durante séculos conservouse a presenza de tamborileiros á fronte dos desfiles, como chamada aos fieis. Estas procesións de penitencia, nas que os devotos realizaban prácticas de disciplina e mortificación, perduraron ata mediados do século XIX. A organización estivo ligada á Confraría de Nosa Señora do Rosario, actual patroa da cidade, da que existen datos desde o século XVI.

Co paso do tempo, a Semana Santa de Hellín evolucionou ata converterse nunha das celebracións máis coñecidas da Semana Santa en España, tanto pola súa tamborada como polo seu patrimonio escultórico e procesional.

Procesións e actos principais

Domingo de Ramos As celebracións da Paixón comezan na mañá do Domingo de Ramos coa procesión da Entrada de Xesús en Xerusalén. Nela participan nazarenos das diferentes confrarías e irmandades da cidade.

Luns Santo Na medianoite do Luns Santo ten lugar un dos actos máis característicos da Semana Santa hellineira: o vía crucis da Santa Escola de Cristo, pertencente á Confraría do Rosario. Parte do santuario do Rosario e percorre o centro histórico da cidade, cunha estética que evoca as antigas procesións penitenciais de raíz medieval.

Martes Santo Na noite do Martes Santo sae a procesión do Cristo do Preciosísimo Sangue desde a igrexa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús. O Cristo procesiona acompañado pola súa nai, María Santísima das Penas.

Mércores Santo miniatura|A Dolorosa de Hellín.

O Mércores Santo, arredor das 15:00, comeza unha das tamboradas máis importantes da celebración, que se prolonga ata a recollida da procesión da Oración no Horto. Antes do comezo desta procesión, o Cristo de Medinaceli atravesa o barrio do Rabal entre unha multitude de tambores.

Un dos momentos máis destacados é a saída do paso da Oración no Horto pola escalinata da igrexa de Santa María da Asunción, debido ás grandes dimensións do paso e á altura das escaleiras.

Xoves Santo O Xoves Santo celébrase a procesión do Silencio, que parte do templo dos Padres Terciarios Capuchinos. Está presidida por Nosa Señora da Dor, obra do escultor Fernández Andés, e é a única imaxe da Semana Santa de Hellín que desfila baixo palio.

A partir da medianoite, os tamborileiros, vestidos con túnicas negras e pano vermello ou negro ao pescozo, redobran os seus tambores polas rúas da cidade ata o amencer.

Venres Santo Na mañá do Venres Santo, os tamborileiros diríxense ao Calvario acompañando a procesión máis longa da Semana Santa hellineira. Cando a imaxe de Nosa Señora das Dores, coñecida como a Dolorosa de Hellín, chega ao Calvario, celébrase o acto do Motete, un dos momentos máis recoñecibles da celebración.

Na noite do Venres Santo desfila a procesión do Santo Enterro, de carácter recollido e solemne, en contraste coa intensidade sonora da procesión ao Calvario. Entre as súas imaxes destaca o Cristo Xacente, obra de Mariano Benlliure, considerado unha das pezas máis salientables da imaxinería hellineira. Tamén destaca Nosa Señora da Soidade, unha imaxe do século XVIII que sobreviviu á Guerra civil española.

Ao finalizar a procesión ten lugar un acto entre Nosa Señora da Soidade, san Xoán e o Cristo Xacente.

Domingo de Resurrección miniatura|Domingo de Resurrección en Hellín.

O Domingo de Resurrección, tras o acto do Encontro, miles de persoas e tamborileiros gardan silencio ata que se produce o encontro entre a Dolorosa e o Cristo Resucitado. Despois comeza a procesión máis festiva da Semana Santa, na que os costaleiros bailan os pasos ao ritmo de marchas alegres polas rúas da cidade.

Tamboradas miniatura|Recoñecemento da Semana Santa e a Tamborada de Hellín como festa de interese turístico internacional.

As tamboradas de Hellín, coñecida como a cidade do tambor, constitúen un rito multitudinario baseado na participación, a convivencia e a hospitalidade. Nelas toman parte milleiros de tamborileiros, tanto de maneira individual como en grupos ou peñas, sen distinción de idade, sexo ou condición.

Durante as tamboradas interprétanse redobres típicos de forma continuada. O son dos tambores enche as rúas da cidade e dá lugar a exhibicións, redobres e piques entre peñas por impoñer o seu toque.

Entre os momentos máis destacados figuran a subida ao Calvario nas primeiras horas do Venres Santo, tras unha noite enteira de tambores, e o silencio espontáneo do Domingo de Resurrección durante o Encontro. Unha vez producido este, os tambores volven soar como símbolo da alegría pola Resurrección, no acto coñecido como a Despedida do Tambor.

Imaxinería A imaxinería da Semana Santa de Hellín é un dos seus elementos máis destacados. Conta con obras de escultores como Mariano Benlliure, Federico Coullaut-Valera, Fernández Andés, Víctor de los Ríos, Claudio Rius, José Zamorano, José Hernández Navarro ou Luis Álvarez Duarte.

Entre as obras máis salientables están:

O Cristo Xacente, de Mariano Benlliure. Noso Pai Xesús de Medinaceli, de Faustino Sanz Herranz. A Virxe das Angustias, de Víctor de los Ríos. A Santa Cruz coa Virxe da Amargura, de José Zamorano. A Oración no Horto e o Prendemento, de Federico Coullaut-Valera. Nosa Señora da Soidade, de autor anónimo. O Cristo da Coroación de Espiñas, de José Hernández Navarro. O Cristo da Clemencia, de Luis Álvarez Duarte.

Confrarías e irmandades miniatura|Nosa Señora da Esperanza de Hellín, imaxe que acompaña o grupo escultórico do Traslado de Cristo ao Sepulcro. miniatura|Nosa Señora da Dor de Hellín.

A Semana Santa de Hellín conta cun amplo número de confrarías e irmandades. Entre elas figuran as seguintes:

Corporación Imaxe ou grupo titular Escultor Entrada de Xesús en Xerusalén Entrada de Xesús en Xerusalén Víctor de los Ríos Irmandade da Santa Cruz e Virxe da Amargura Santa Cruz e Virxe da Amargura José Zamorano Martínez Irmandade da Samaritana A Samaritana José Zamorano Irmandade da Santa Cea Santa Cea Escola de Federico Coullaut-Valera Irmandade da Oración no Horto Oración no Horto Federico Coullaut-Valera Real Confraría do Prendemento de Noso Señor Xesucristo Prendemento de Noso Señor Xesucristo Federico Coullaut-Valera Irmandade da Negación e Arrepentimento de San Pedro Negación e Arrepentimento de San Pedro José Zamorano Irmandade dos Azoutes Azoutes Fernández Andés Confraría do Cristo da Coroación de Espiñas Cristo da Coroación de Espiñas José Hernández Navarro Confraría do Ecce Homo Ecce Homo José Zamorano Arquiconfraría de Noso Pai Xesús de Medinaceli Noso Pai Xesús de Medinaceli Faustino Sanz Herranz Confraría de Noso Pai Xesús da Sentenza ante o Indulto a Barrabás Xesús da Sentenza ante o Indulto a Barrabás Víctor García Villalgordo Irmandade de Noso Pai Xesús Nazareno Noso Pai Xesús Nazareno Federico Coullaut-Valera Confraría de Nosa Señora do Perdón e Cristo da Caída Nosa Señora do Perdón e Cristo da Caída José Zamorano Real Confraría e Irmandade de Nazarenos de Noso Pai Xesús da Misericordia, Xesús do Gran Poder e Nosa Señora da Dor Xesús da Misericordia, Xesús do Gran Poder e Nosa Señora da Dor Fernández Andés e José Zamorano Real Confraría de Cristo Crucificado e Santísima Virxe das Angustias Cristo Crucificado e Virxe das Angustias Claudio Rius Garrich e Víctor de los Ríos Irmandade de San Antón Abade, Confraría de María Santísima das Penas e Santísimo Cristo do Preciosísimo Sangue María Santísima das Penas e Cristo do Preciosísimo Sangue José Zamorano Irmandade do Cristo Xacente Cristo Xacente Mariano Benlliure Irmandade de Nosa Señora da Soidade Nosa Señora da Soidade Autor anónimo, século XVIII Irmandade de Nosa Señora das Dores Nosa Señora das Dores Federico Coullaut-Valera Irmandade da Verónica A Verónica Fernández Andés Irmandade de Santa María Magdalena Santa María Magdalena Federico Coullaut-Valera Irmandade de San Xoán Evanxelista San Xoán Evanxelista José Díez López e José Zamorano Irmandade de Cristo Resucitado Cristo Resucitado Federico Coullaut-Valera Confraría de Nosa Señora do Rosario, Santa Escola de Cristo Nosa Señora do Rosario Autor anónimo Confraría do Santísimo Cristo da Clemencia Santísimo Cristo da Clemencia Luis Álvarez Duarte Confraría do Santísimo Cristo do Desencravo e Tambores Penitentes Santísimo Cristo do Desencravo José Hernández Navarro Confraría do Traslado de Cristo ao Sepulcro con Nosa Señora da Esperanza Traslado de Cristo ao Sepulcro con Nosa Señora da Esperanza Antonio Espadas Carrasco

Participación nos desfiles procesionais A participación das confrarías e irmandades organízase segundo os diferentes días e procesións da Semana Santa:

Día Procesión Confrarías e irmandades participantes Venres de Dores Actos da Santa Escola de Cristo Confraría de Nosa Señora do Rosario, Santa Escola de Cristo Domingo de Ramos Procesión das Palmas Todas as confrarías e irmandades da Semana Santa de Hellín Luns Santo Vía Crucis Confraría de Nosa Señora do Rosario, Santa Escola de Cristo Martes Santo Procesión do Cristo do Preciosísimo Sangue Irmandade de San Antón Abade, María Santísima das Penas e Cristo do Preciosísimo Sangue Mércores Santo Procesión da Oración no Horto Irmandade da Samaritana Irmandade da Oración no Horto Irmandade dos Azoutes Arquiconfraría de Noso Pai Xesús de Medinaceli Irmandade de Noso Pai Xesús Nazareno Confraría de Nosa Señora do Perdón e Cristo da Caída Irmandade de San Xoán Evanxelista Irmandade de Nosa Señora das Dores Xoves Santo Procesión do Silencio Irmandade da Santa Cea Real Confraría do Prendemento de Noso Señor Xesucristo Irmandade da Negación e Arrepentimento de San Pedro Confraría do Cristo da Coroación de Espiñas Confraría do Ecce Homo Arquiconfraría de Noso Pai Xesús de Medinaceli Confraría de Noso Pai Xesús da Sentenza ante o Indulto a Barrabás Confraría do Santísimo Cristo da Clemencia Real Confraría e Irmandade de Nazarenos de Noso Pai Xesús da Misericordia, Xesús do Gran Poder e Nosa Señora da Dor Venres Santo Procesión ao Calvario Irmandade da Santa Cruz e Virxe da Amargura Irmandade da Samaritana Irmandade da Oración no Horto Irmandade dos Azoutes Confraría do Ecce Homo Arquiconfraría de Noso Pai Xesús de Medinaceli Irmandade da Verónica Irmandade de Noso Pai Xesús Nazareno Real Confraría de Cristo Crucificado e Santísima Virxe das Angustias Irmandade de San Antón Abade, María Santísima das Penas e Santísimo Cristo do Preciosísimo Sangue Irmandade de Santa María Magdalena Irmandade de San Xoán Evanxelista Irmandade de Nosa Señora das Dores Venres Santo Procesión do Santo Enterro Confraría de Nosa Señora do Rosario, Santa Escola de Cristo Irmandade da Santa Cruz e Virxe da Amargura Irmandade da Negación e Arrepentimento de San Pedro Real Confraría de Cristo Crucificado e Santísima Virxe das Angustias Irmandade de San Antón Abade, María Santísima das Penas e Santísimo Cristo do Preciosísimo Sangue Irmandade de Santa María Magdalena Irmandade da Verónica Irmandade do Cristo Xacente