Antonio Agustín Payán de Tejada y Figueroa, nado no Porriño o 29 de marzo de 1753 e finado na Coruña en 1841, foi un xurista e político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Antonio Payán de Tejada, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa), e de Francisca Antonia Figueroa. Estudou Leis e Canons na Universidade de Santiago de Compostela. Avogado da Real Audiencia de Galicia e decano do Ilustre Colexio da Avogacía da Coruña.
Deputado pola provincia da Coruña nas Cortes Xerais e Extraordinarias (1810-1813). Elixido o 11 de febreiro de 1810 polos seis electores correspondentes ao Concello da Coruña, xurou o seu cargo o 24 de setembro. Pertenceu á Comisión de Facenda (4 de outubro de 1810). Presidiu as Cortes de Cádiz entre xaneiro e febreiro de 1812.
Vida persoal
Casou con Andrea Carrillo e tiveron tres fillas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España
Ligazóns externas Ficha do Congreso dos Deputados
Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1753 Categoría:Finados en 1841