Amnesia: The Dark Descent é un videoxogo de aventuras de survival horror de 2010 desenvolvido e publicado polo estudo sueco de desenvolvemento de videoxogos Frictional Games. Foi lanzado por primeira vez o 8 de setembro de 2010 para Microsoft Windows, macOS e Linux. Posteriormente, foi lanzado para PlayStation 4 o 22 de novembro de 2016, Xbox One o 28 de setembro de 2018 e Nintendo Switch o 12 de setembro de 2019 como parte de The Amnesia Collection. O xogo segue a Daniel, que debe explorar o escuro e ameazante Castelo Brennenburg, mentres intenta manter a cordura evitando monstros e acontecementos inquietantes.
Amnesia recibiu unha acollida positiva da crítica no seu lanzamento. Os críticos destacaron constantemente a súa innovadora visión do survival horror, as súas mecánicas de xogo únicas e a súa capacidade para evocar medo xenuíno, inda que algúns sinalaron deficiencias na súa solución narrativa e nos aspectos técnicos. O xogo gañou varios premios e recibiu eloxios como un dos xogos máis influentes da década e un dos mellores xogos de terror de todos os tempos. Tamén se lle recoñece a súa contribución ao auxe dos populares vídeos de Let's Play na plataforma de streaming YouTube.
A este Amnesia seguiulle Amnesia: A Machine for Pigs (2013), unha secuela indirecta desenvolvida por The Chinese Room. En 2016, lanzouse Amnesia: The Collection, unha recompilación que incluía Amnesia: The Dark Descent, a súa expansión Amnesia: Justine (2011) e Amnesia: A Machine for Pigs. En 2020, a serie regresou con Amnesia: Rebirth, desenvolvido por Frictional Games e que serve como secuela directa de The Dark Descent. A incorporación máis recente á franquía lanzouse en 2023, titulada Amnesia: The Bunker.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos de terror Categoría:Videoxogos de aventuras