O Idaho stop ou stop de Idaho é unha serie de disposicións lexislativas de varios estados dos Estados Unidos que permiten que as persoas que andan en bicicleta traten un sinal de stop como un sinal de ceda o paso, ou entón un semáforo vermello como un sinal de stop.
Esta regulamentación entrou en vigor por primeira vez en 1982 en Idaho e, posteriormente, estendeuse a numerosos estados dos Estados Unidos. Ademais, países como Francia ou Bélxica tamén adoptaron esta normativa ciclística.
Diversos estudos mostraron diminucións significativas dos accidentes nas interseccións reguladas co Idaho stop.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Intersección ciclista Semáforo ciclista Plataforma avanzada de espera Caixa de xiro Xiro ciclista á dereita Ciclabilidade
Categoría:Sinais de tráfico Categoría:Infraestrutura ciclista