José María Cruz Novillo nado en Cuenca o 21 de maio de 1936 e finado en Madrid no 2 de maio de 2026, usualmente referido como Cruz Novillo, foi un escultor, gravador, pintor e deseñador español coñecido por deseñar algúns dos logotipos máis coñecidos de España.

Traxectoria dereita|miniatura|240x240px|Escultura para a praza de Picasso de Madrid (1989) Cruz Novillo comezou a pintar na súa cidade natal en 1950 e, en 1958, trasladouse a Madrid, onde comezou a súa carreira profesional como ilustrador para a axencia de publicidade Clarín. En 1963 fundou o seu propio estudo de deseño, pioneiro en España.

Foi o autor de moitos logotipos, entre eles o do xornal El Mundo, o do PSOE, as identidades corporativas da cadea COPE, Correos, Endesa, Banco Pastor, Repsol, Fundación ONCE, Antena 3 Radio e o primeiro logotipo de Antena 3 TV, Renfe e o Corpo Nacional de Policía entre outros, así como os billetes de pesetas do Banco de España, e coautor xunto a Santiago Amón Hortelano do escudo e a bandeira da Comunidade de Madrid.

Tamén realizou carteis de películas como Barrio, Os luns ó sol, El espíritu de la colmena, Mamá cumpre cien años, La escopeta nacional e Familia entre moitos outros.

dereita|miniatura|240x240px|Fachada da sede principal do Instituto Nacional de Estatística (Madrid, 2008) Na súa faceta de escultor, participou na Bienal de São Paulo, a Feira Mundial de Nova York e nas Feiras de Arte FIAC de París, Bassel Art, Art Cologne e en ARCO de forma habitual desde 1985.

Desde comezos da década dos 90 centrouse no desenvolvemento do concepto "Diafragma", denominación que engloba multitude de obras cuxa característica común é a combinación dun número variable de elementos monocromáticos, sonoros, fotográficos ou tridimensionais. En 2008 terminou o chamado diafragma decafónico de díxitos nas fachadas da sede principal do Instituto Nacional de Estatística de España, en Madrid, onde de novo se incorpora o son como un elemento máis da obra, producindo un efecto de sinestesia. En ARCO'10 estreou o seu "Diafragma dodecafónico 8.916.100.448.256, opus 14", obra cronocromofónica (segundo nomenclatura do artista pois está feita de tempo, cor e son) de 3.392.732 anos de duración na que se produce unha obra audiovisual única e irrepetible cada 12 segundos.

En novembro de 2006 entrou a formar parte da Academia de Belas Artes de San Fernando. En 2007, Cruz Novillo fundou o estudo Cruz más Cruz co seu fillo Pepe (deseñador e arquitecto).

En 2019 estreouse en cines a película documental El hombre que diseñó España, que repasa a traxectoria de Cruz tanto na súa faceta de deseñador como na de artista plástico desde o seu primeiro logo (1957) e exposición individual (1972) até finais da década de 2010. Tamén en 2019 foi nomeado Carteiro Honorario de Correos, o sétimo nos 300 anos de historia da compañía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial Diafragma dodecafónico Opus 14 Conferencia no Blanc Festival 2013 Conferencia no MAD by Domestika 2014 Entrevista no programa "Capitulares" de TVE Discurso de ingreso na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 24 de maio de 2009

Categoría:Nados en Cuenca, España Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Pintores de Castela-A Mancha