A Paisaxe cultural da arte rupestre de Zuojiang Huashan (chinés 花|山|壁|画 pinyin Huāshān Bìhuà) é un extenso conxunto de arte rupestre histórica pintada sobre acantísde pedra calcaria en Guangxi China meridional. As pinturas están situadas na ribeira oeste do río Ming (chinés 明|江 pinyin Míng Jiāng}), que é un afluente do río Zuo.Guo Hong, Han Rubin, Huang Huaiwu, Lan Riyong, and Xie Riwan Types of Weathering of the Huashan Rock Paintings, in: Agnew, Neville, ed., Conservation of Ancient Sites on the Silk Road: Proceedings of the Second International Conference on the Conservation of Grotto Sites, Mogao Grottoes, Dunhuang, People's Republic of China, 28 de xuño - 3 de xullo 2004. Los Angeles: The Getty Conservation Institute, 2010. Archived from original A área das pinturas forma parte da Reserva Natural de Nonggang e pertence ao Condado de Ningming. O 15 de xullo de 2016, a Paisaxe Cultural de Arte Rupestre de Zuojiang Huashan declarouse Patrimonio da Humanidade pola 49ª sesión da UNESCO na China.
A principal pintura A área ao longo do cantil ten unha anchura duns 170 m e unha altura duns 40 m"The Rock Painting of the Mountain Huashan - UNESCO World Heritage Tentative List". Archived from original e é unha das pinturas rupestres máis grandes da China. As pinturas están situadas entre 30 m e 90 m por riba do nivel da auga do río. A área principal contén unhas 1900 imaxes discretas e numerables dispostas en aproximadamente 110 grupos. As pinturas teñen unha cor vermella e executáronse cunha mestura de ocre vermello (hematita), cola animal e sangue. Representan figuras humanas, así como animais, xunto con tambores de bronce, coitelos, espadas, campás e barcos. As figuras humanas adoitan medir entre 60 cm e 150 cm de altura, pero unha figura alcanza 3 m de altura.
Creíase orixinalmente que as pinturas databan do período arredor do século V a.C., ata o século II d.C.. Non obstante, a datación por carbono recente suxire que as pinturas máis antigas fixéronse hai uns 16.000 anos. Mentres que as máis novas teñen uns 690 anos. O período das súas creacións abrangue desde o período dos Estados Combatentes ata finais da dinastía Han na historia da China. Pénsase que moitas das pinturas "ilustran a vida e os rituais" do antigo pobo Luo Yue, que habitaban o val do río Zuo durante este período e crese que son antepasados do Pobo zhuang, pobo Muong e pobo Kinh.
Unha exposición no Museo da Nacionalidade Zhuang na cidade de Chongzuo (崇左市壮族博物馆) está dedicada á historia e á interpretación das pinturas.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade na China Ligazóns externas The Rock Art of Huashan - Sacred Meeting Place for Sky, Water & Earth UNESCO UHC: Zuojiang Huashan Rock Art Cultural Landscape
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China