Daniel Lorenzo Guerrero, coñecido como Dani Lorenzo, nado en Marbella o 5 de abril de 2003, é un futbolista español que xoga de centrocampista ofensivo no Málaga, da Segunda División.

Traxectoria Formado como futbolista nas canteiras do Málaga e do Real Madrid, debutou co primeiro equipo do club andaluz na Copa do Rei o 2 de decembro de 2021, nun partido contra o Peña Sport. Tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Segunda División, substituíndo a Mathieu Peybernes ante o Amorebieta.

Notas

Categoría:Nados en Marbella Categoría:Nados en 2003 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Mérida AD Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño