miniatura|Ficha de Oliberto Fernández no campo de Buchenwald. miniatura|Datos de Oliberto Fernández cos campos polos que pasou. Oliberto Fernández Cid, nado en Santa Mariña de Aguas Santas (Allariz) o 4 de decembro de 1914, e finado en La Garde (departamento de Var, Francia) o 28 de agosto de 1988, foi un deportado galego aos campos de concentración nazis.
Traxectoria De ideoloxía anarquista, o 7 de outubro de 1936 -durante a guerra civil española- ingresou nas Milicias confederais destinadas en Madrid. Exiliado en Francia, estivo nunha Compañía de Traballadores Españois.
Foi capturado polos alemáns o 4 de xuño de 1940. Entrou no campo de Mauthausen o 19 de decembro de 1941, co número de prisioneiro 4195, procedente do stalag XVII-B Krems-Gneixendorf, tamén localizado en Austria. Segundo a información do campo estaba solteiro, e como profesión recóllese a de campesiño, aínda que tamén era canteiro.
O 9 de decembro de 1942 foi trasladado ao campo de Dachau, co número 38905. Houbo aínda un terceiro traslado, o 20 de xaneiro de 1945, con destino a Buchenwald, ao kommando "S III" en Ohrdruf, co número 131316, clasificado como "Polit. Spanier", preso político español.
Os presos do campo de Ohrduf foron obrigados a escavar un Cuartel de Mando subterráneo para Adolf Hitler, e extensos túneles e fábricas subterráneas. Entre xaneiro e abril de 1945 gran parte dos prisioneiros foron trasladados a Bergen-Belsen e ao campo central de Buchenwald, morrendo moitos deles nesas marchas da morte. Foi o primeiro campo liberado polas tropas de Estados Unidos de América o 4 de abril de 1945, descubrindo o horror, e obrigando á poboación civil da contorna a enterrar os cadáveres que se espallaban polo campo.
Modesto Seara tratou a Oliberto Fernández, e en febreiro do 2019 escribiu o seguinte:
Segundo outras fontes, Oliberto e a súa muller Teo tiveron unha filla, Mercedes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.
Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Francia