Jean Hiernard, nado en Poitiers o 19 de marzo de 1944,"Hiernard, Jean ". The National Library of Israel (nli.org.il)."Jean Hiernard". Canalblog.com é un historiador, arqueólogo e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.
Traxectoria Jean Hiernard cursou estudos superiores de Historia na Universidade de Poitiers e en 1972 acadou o seu doutoramento en Historia na Universidade de Bordeos III, cunha tese titulada "As fontes da historia dos emperadores galorromanos (259-274)". Posteriormente, en 1987 obtivo un novo doutoramento (Doctorat d'État) en Historia e Arqueoloxía dos Mundos Antigos pola mesma universidade,"Hiernard, Jean (1944-.... ; archéologue)". IdRef.fr coa tese "As moedas da Antiga Poitou: circulación monetaria e historia","Jean Hiernard". Babelio.com dirixida por Robert Étienne."Les monnaies du Poitou antique : circulation monétaire et histoire ". Theses.fr
Hiernard foi profesor de Historia Antiga na Universidade de Poitiers a partir de 1988, e en 2017 foi nomeado profesor emérito, logo da súa xubilación.
Os seus intereses como estudoso e investigador centráronse nas ciencias auxiliares da historia da antiga Roma, sinaladamente na numismática. Dirixiu varios grupos de investigación e é membro da Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade que presidiu no período 1997-1999."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)."Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314. Igualmente, foi o presidente da Sociedade de Anticuarios do Oeste durante varios anos (1986, 1991, 1999, 2006).
En 1980 Hiernard foi recoñecido co premio Javier Conde Garriga, concedido pola Asociación Numismática Española."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
Escolma de publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Jean Hiernard ao longo da súa traxectoria:"Hiernard, Jean (1944-)". Persee.fr
Monografías (1982). Corpus des trésors monétaires antiques de la France. Tome1: Poitou-Charentes et Limousin (con D. Nony et al.). Société française de numismatique, París. (1996). Carte archéologique de la Gaule: La Vendée, 85 (con D. Simon-Hiernard et al.). Académie des inscriptions et belles lettres, París. ISBN 2-87754-042-1 (1966). Carte archéologique de la Gaule: Les Deux-Sèvres, 79 (con D. Simon-Hiernard). Académie des inscriptions et belles lettres, París. ISBN 2-87754-044-8 (2008). Sanxay antique (con P. Aupert). Editions du patrimoine. ISBN 978-2858229802 (2013). Histoire de Poitiers (con G. Dez). Editions des régionalismes. ISBN 978-2824001364 (2019). Les Pictons (con D. Simon-Hiernard). La Geste. ISBN 9791035305024 (2019). Le siège de Poitiers en 1569 (con J. Pasquier). Geste éditions. ISBN 979-1035303204
Artigos
(1985). "La question de Corbïlo". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France. Páxinas 175-187. (1986). "D'un « Palais Galien » à l'autre. Nouvelles recherches sur l'amphithéâtre de Poitiers (Limonum Pictonum)" (con G-C. Golvin). En Revue des Études Anciennes. 88-1-4. Páxinas 77-108. (1997). "Un témoin archéologique exceptionnel des invasions du IIIe siècle : la trouvaille de Hagenbach (Rhénanie-Palatinat)". En Cahiers du Centre Gustave Glotz, 8. Páxinas 255-260. (1997). "Une source de l'histoire romaine : la monnaie impériale de Septime Sévère à Constantin". En Pallas. Revue d'études antiques. Páxinas 79-125. (1999). "Les Santons, les Helvètes et la Celtique d’Europe centrale. Numismatique, archéologie et histoire". En Aquitania, 16. Páxinas 93-125. (2002). "Aux origines des monnayages armoricains: les quarts de statère d'or dits «au pontife forgeron»" (con G. Aubin). En Revue Numismatique. 158. Páxinas 15-36.
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Poitiers Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da Universidade de Poitiers Categoría:Alumnos da Universidade de Bordeos III Categoría:Profesores da Universidade de Poitiers Categoría:Personalidades sen imaxes