Junior Wakalible Lago Toto, máis coñecido como Lago Junior, nado en Abidjan o 31 de decembro de 1990, é un futbolista marfilés que xoga na posición de extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Primeiros anos Lago Junior comezou a súa formación deportiva nun centro de formación de Costa do Marfil fundado polo futbolista retirado Joël Tiéhi. En 2007 alcanzou o seu debut sénior co Issia Wazy, onde destacou polo seu talento goleador.

Numancia O 31 de xaneiro de 2009 asinou un contrato de cinco anos e medio co Club Deportivo Numancia. O debut de Lago Junior na Primeira División tivo lugar o 18 de abril de 2009, cando participou nun partido contra o Atlético de Madrid. En total foi substituto noutros catro encontros durante a tempada 2008/09, na que o Numancia non puido evitar o descenso.

O 27 de agosto de 2010 foi cedido á Sociedad Deportiva Eibar. Dous días despois tivo lugar o seu debut na Segunda División B, un partido contra o Club de Fútbol Palencia no que ademais anotou dous goles para unha vitoria por 2-1. Regresou ao Numancia tras concluír a tempada 2010/11 e disputou dúas campañas máis co conxunto soriano na Segunda División.

Gimnàstic e Mirandés O 13 de xullo de 2013 fichou polo Gimnàstic de Tarragona da Segunda División B. Durante a tempada 2014/15 contribuíu a alcanzar o ascenso co club catalán. O 22 de xullo de 2015 pasou a formar parte do Club Deportivo Mirandés da Segunda División.

Mallorca O 28 de xaneiro de 2016 asinou contrato co RCD Mallorca da Segunda División. O equipo balear descendeu ao finalizar a tempada 2016/17; con todo, o club logrou dous ascensos consecutivos nas seguintes campañas. Lago Junior xogou un papel importante nestes anos e contribuíu con 11 goles na tempada 2018/19, a mellor marca da súa carreira.

Posteriormente Lago Junior foi perdendo peso no cadro do Mallorca. En decembro de 2021 foi cedido á Sociedad Deportiva Huesca. O 11 de xaneiro de 2023 finalizou o seu contrato por mutuo acordo co club mallorquino.

Málaga e Racing de Santander Tras saír do Mallorca, Lago Junior fichou polo Málaga Club de Fútbol até xuño de 2024 con opción a un segundo ano. O 15 de xuño de 2023, tras producirse o descenso do club malagueño, Lago Junior asinou un contrato de dous anos co Racing de Santander.

Lugo En xullo de 2025 pasou a formar parte do Club Deportivo Lugo da Primeira Federación cun contrato por un ano e con opción a un segundo.

Traxectoria internacional Lago Junior foi internacional coa selección de fútbol de Costa do Marfil. O seu debut tivo lugar o 13 de outubro de 2020, cando foi substituto de Gervinho nun partido amigábel contra Xapón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lago Junior en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Futbolistas de Costa do Marfil Categoría:Nados en Abidjan Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Costa do Marfil Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do CD Lugo