dereita|miniatura|280x280px A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 foi unha eclipse solar total. Foi a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Foi visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
A eclipse comezou a apreciarse como parcial no estado estadounidense de Alasca ao redor das 07:30 da mañá. Posteriormente, na costa siberiana de Rusia, no mar de Láptev, comezou a eclipse total sobre as 24:00 horas. A banda ou franxa de totalidade da eclipse cruzou as rexións polares do norte e pasou moi preto do Polo norte, onde se acadou un 98,6% de ocultación do disco solar. A sombra da Lúa sobre o Sol proxectouse posteriormente sobre zonas escasamente poboadas da illa danesa de Groenlandia (aproximadamente, 13:30) e tivo o seu máximo á altura da costa noroeste de Islandia ás 15:45 horas. Posteriormente a eclipse percorreu o océano Atlántico cara á península ibérica. Logo percorreu España en dirección sueste a última hora da tarde (20:30 horas) e finalizou coa posta de sol nas illas Baleares. A eclipse acabou véndose como parcial ao solpor en augas de Cabo Verde pouco antes das 19:00 horas.
En Islandia a eclipse viuse como total na súa capital, Reiquiavik.
En España a eclipse puido ser observada como total nas seguintes capitais de provincia alfabeticamente: Bilbao, Burgos, Castelló, A Coruña, Cuenca, Guadalaxara, León, Lleida, Logroño, Lugo, Oviedo, Palencia, Palma de Mallorca, Santander, Segovia, Soria, Tarragona, Teruel, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Tanto en Huesca como en Zamora e parte da cidade de Madrid quedaron no límite de totalidade, co que debido a imperfeccións da superficie lunar a eclipse viuse só como parcial ou que, de ser total, foi inapreciable a súa totalidade polo ollo humano. Os centros urbanos de Madrid e Barcelona quedaron totalmente fóra da banda de totalidade, pois esta pasa xusto entre ambas as cidades, aínda que si foi total nalgunhas partes do municipio de Madrid, alí a eclipse non durou máis que uns poucos segundos, non superando en ningún caso os 15 segundos. De entre todas as capitais provinciais españolas mencionadas foi Oviedo onde a magnitude (1,015) e a duración da fase de totalidade eclipse (1m 48s) foron maiores. A liña central da eclipse (ou de máxima magnitude e duración) seguiu en territorio peninsular español, aproximadamente, unha traxectoria lixeiramente curva trazada entre a localidade asturiana de Luarca e a castellonenca de Peníscola. Nunha localización lixeiramente ao leste de Luarca a duración da fase de totalidade (1m 50s) e a magnitude da eclipse (1,017) foron as máximas dentro do territorio terrestre español.
Ademais, a eclipse puido verse como parcial no Canadá, algunhas zonas do norte dos Estados Unidos, na práctica totalidade de Europa e na parte occidental do continente africano.
Importancia da eclipse en España A eclipse de 12 de agosto de 2026 foi a primeira eclipse total que se produciu sobre España desde 1912. Ademais, a outra localización visible en terra é en Islandia, onde a probabilidade da súa observación debido ás nubes é menos posible. Isto fai que na práctica, España sexa o único lugar con boas posibilidades para que sexa visible a eclipse, pero non sen dificultade. En España, a observación deste fenómeno producirase á tarde, a unha altura sobre o horizonte de entre 12,5º en Candelago (Corme Aldea, Ponteceso) e 1,4 º en Menorca.
Para a coordinación desta e as seguintes eclipses creouse por parte da Comisión Nacional de Astronomía, a Comisión Nacional da Eclipse. Ademais existen numerosas outras iniciativas para o evento. Tamén se creou unha comisión interministerial respecto disto e están xa publicadas no BOE as restricións de tráfico para o evento. miniatura|Mapa das eclipses en España entre 2026 e 2028
Contexto histórico Deuse unha eclipse total en España o 30 de agosto de 1905 que seguiu un camiño similar. A antepenúltima eclipse total de Sol viuse o 17 de abril de 1912; foi unha eclipse híbrida da que, aínda que teoricamente foi total sobre territorio español, a maioría das testemuñas directas dixeron que foi anular (pois a duración da fase de totalidade estimada era inferior ao segundo, nunha franxa de arredor de 1 quilómetro de ancho). A penúltima eclipse total de Sol que tivo lugar no Estado español pasou polas provincias canarias de Tenerife e As Palmas, así como pola provincia do Sáhara, o 2 de outubro de 1959. A última eclipse total solar en España produciuse o 30 de xuño de 1973, cando.se produciu unha eclipse de Sol no centro de África que puido apreciarse como total desde as augas do Sáhara español. Desde terra, na provincia española do Sáhara chegou a apreciarse como case total. Segundo datos da NASA, alcanzouse unha ocultación maior do 99,995 % do disco solar no pobo de La Güera, pasando a banda de totalidade da eclipse a pouco menos de 500 metros da costa.
A seguinte eclipse total visible desde España ocorrerá o 2 de agosto de 2027. Aínda que será unha eclipse de moita maior magnitude que esta, só poderá verse como total desde o extremo sur de Andalucía, ademais de en Ceuta e en Melilla.
Algunhas cidades onde a eclipse de agosto de 2026 é total Eclipse solar do 12 de agosto de 2026CidadePaísInicio daeclipseparcialInicio daeclipsetotalFin daeclipsetotalDuración daeclipsetotalFin daeclipseparcialMagnituedReykjavik16:47:1017:48:1417:49:1258 s18:47:341,002A Coruña19:30:5220:27:3720:28:511 min 14 s21:21:551,004Oviedo19:31:1520:27:0020:28:481 min 48 s21:21:001,015Santander19:31:1720:26:5120:27:551 min 04 s21:20 (ocaso)1,003Lugo19:31:3920:28:0320:29:251 min 22 s21:22:101,006Bilbao19:31:4320:27:1720:27:4932 s21:19 (ocaso)1,001Vitoria19:32:2720:27:3720:28:421 min 05 s21:17 (ocaso)1,003León19:32:3920:28:1520:29:591 min 44 s21:22:021,012Logroño19:33:0820:28:0320:29:241 min 21 s21:15 (ocaso)1,007Burgos19:33:1720:28:1920:30:041 min 45 s21:20 (ocaso)1,014Zamora19:34:3520:30:5020:31:0414 s21:23 (ocaso)1,000Zaragoza19:34:3620:28:5720:30:221 min 25 s21:08 (ocaso)1,007Castelló de la Plana19:37:2620:31:1420:32:481 min 34 s21:01 (ocaso)1,010Palma de Mallorca19:37:5920:31:0020:32:361 min 36 s20:49 (ocaso)1,015
A eclipse en Galicia
Galería fotográfica
Notas
Véxase tamén
http://eclipse.gsfc.nasa.gov/SEplot/SEplot2001/SE2026Aug12T.GIF Categoría:2026 Categoría:Eclipses solares