miniatura|Un exemplo de PyMOL, co Visor e GUI visibles. Licenza orixinal: Python License, agora con propietario PyMOL é un software de fonte dispoñible dun sistema de visualización de moléculas creado por Warren Lyford DeLano. Comercializouno inicialmente DeLano Scientific LLC, que era unha compañía de software privada dedicada a crear ferramentas útiles que se fixesen accesibles universalmente para as comunidades científicas e educativas. Actualmente comercialízaa Schrödinger, Inc. Como a licenza de software orixinal era unha licenza permisiva, puideron retirala e as novas versións xa non saen coa licenza Python, senón cunha licenza de uso de servizo (garantindo un uso amplo, redistribución e dereitos de modificación, pero asignando o copyright de calquera versión a Schrödinger, LLC.), e algúns dos códigos fonte xa non están liberados. PyMOL pode producir imaxes tridimensionais de alta calidade de pequenas moléculas e macromoléculas biolóxicas, como proteínas é un programa moi utilizado.

PyMOL é unha das poucas ferramentas de visualización principalmente de modelo de fonte aberta dispoñibles para o uso en bioloxía estrutural. A parte Py do nome do programa refírese a que o programa foi escrito na linguaxe de programación Python.

PyMOL usa OpenGL Extension Wrangler Library (GLEW) e FreeGLUT, e pode resolver ecuacións de Poisson-Boltzmann usando o Adaptive Poisson Boltzmann Solver. PyMOL usou Tk para os widgets GUI e tiña binarios nativos Aqua para macOS a través de Schrödinger, que foron substituídos por unha interface de usuario PyQt en todas as plataformas cando saíu a versión 2.0.

Nas representacións feitas con PyMOL asígnase un código de cores aos elementos da táboa periódica.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Modelado molecular Gabedit Molden Molekel RasMol SAMSON UCSF Chimera

Ligazóns externas

Páxina web oficial PyMOL Wiki Read-only PyMOL Wiki Mirror Schrödinger LLC Facer películas de moléculas con PyMOL PyMOL en Flathub

Categoría:Software de modelos de moléculas