María Teresa López Prado, nada en Lugo o 2 de maio de 1951, é unha pintora galega, coñecida polo pseudónimo María Teresa Calabuig-Prado.
Traxectoria Estudou Maxisterio e licenciouse en Belas Artes pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Casou co tamén pintor Jesús Calabuig-Prado, co que comparte coautoría de multitude de obras, e ambos compartiron apelido artístico conxugando o primeiro del e o segundo dela.
A súa obra está vinculada á abstracción e informalismo. Seleccionada en diversas bienais de arte, ten obra no Museo de Bellas Artes de Granada e no Museo de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas http://galegos.galiciadigital.com/gl/maria-teresa-lopez-prado
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria