Adrià Miquel Bosch Sanchis, coñecido como Miki Bosch, nado en Alginet o 9 de xuño de 2001, é un futbolista valenciano que xoga na posición de central. O seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da Unión Deportiva Alginet, do Futbol City Massanassa, do Levante Unión Deportiva e da Unión Deportiva Alzira. Neste último equipo realizou o seu debut sénior o 26 de agosto de 2018, cando entrou como substituto nun encontro de Terceira División ante o Club de Fútbol La Nucía. O 2 de decembro de 2018 regresou ao fútbol xuvenil como parte do Valencia Club de Fútbol.
O 1 de outubro de 2020 renovou contrato co club valenciano até 2023 e marchou cedido á Sociedad Deportiva Tarazona da Segunda División B. En decembro de 2020, tras só 19 minutos de xogo co Tarazona, Miki Bosch finalizou o contrato co club aragonés e comezou unha nova cesión co Alzira. En xullo de 2021 regresou ao Valencia e foi asignado ao Valencia Mestalla da Terceira División RFEF.
O 20 de xullo de 2022, Miki Bosch fichou polo Club Recreativo Granada da Segunda Federación. O 4 de marzo de 2023 debutou co Granada nun encontro de Segunda División ante o Burgos Club de Fútbol, no que entrou como substituto do lesionado Raúl Torrente. O 2 de setembro dese ano estreouse na Primeira División nun partido contra a Real Sociedad.
En agosto de 2024 anunciouse a fichaxe de Bosch polo UCAM Murcia Club de Fútbol. O 20 de xuño de 2025 pasou a formar parte do Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.
Palmarés Granada Segunda División: 2022–23
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Miki Bosch en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores da SD Tarazona Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do Pontevedra CF