O mosteiro da Santísima Trindade (en ), tamén coñecido como Agia Triada, Ayías Triádhos, Ayia Triada (todas con significado de "Santísima Trindade"), é un mosteiro ortodoxo grego no centro de Grecia, situado no val do río Pineios, ao nordeste da cidade de Kalambaka. Está situado no cumio dun precipicio rochoso de máis de 400 metros de altura e é un dos 24 mosteiros que se construíron orixinalmente en Meteora. O mosteiro da Santísima Trindade é un dos máis antigos dos mosteiros de Meteora. Cos nomes colectivos de Meteora, en 1988 os seis mosteiros existentes foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Construíuse unha igrexa no recinto do mosteiro entre os séculos XIV e XV.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Mosteiros de Grecia Categoría:Igrexas ortodoxas