Róise e Frank (en ) é un filme irlandés de 2022 de comedia dramática dirixido e escrito por Rachael Moriarty e Peter Murphy, e protagonizado por Bríd Ní Neachtain. O filme está ambientado en Ring, unha vila de Gaeltacht na nDéise, no condado de Waterford.
Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.
Sinopse Dous anos despois da morte do seu marido Frank, Róise vólvese cada vez máis illada das persoas que a rodean. Un can sen chip e aparentemente sen dono aparece na porta de Róise e insiste en quedar con ela. O can consegue espertar a Róise e acaba por reconectala coa súa familia e comunidade.
Personaxes Bríd Ní Neachtain como Róise Uí Mheadhra Cillian Ó Gairbhí como Alan Ó Meadhra Lorcan Cranitch como Donncha Ruadhán de Faoite como Maidhcí Ó Loingsigh Barley, un can actor, como Frank
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego