miniatura O morphing é unha técnica informática, un tipo de efecto especial que se emprega para modificar o rostro das persoas, facelas envellecer ou transformalas noutras. Este efecto especial inventouse durante a década de 1990 e experimentou unha forte explotación na industria cinematográfica.

O morphing tamén pode afectar a obxectos concretos (avións que cambian a forma da á, do motor, dos aleróns, da cola ou mesmo da configuración para maximizar o seu comportamento en condicións de voo, de engalaxe ou de aterraxe radicalmente diferentes).

Categoría:Animación