Valeriano Menéndez-Conde Álvarez, nado en Samartín de Lluiña (Cudillero) o 24 de novembro de 1848 e finado en Valencia o 5 de marzo de 1916, foi un bispo católico español.
Traxectoria
Estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Oviedo. Exerceu como coadxutor en Pravia, párroco de Illas e profesor do Seminario. Colaborou en periódicos asturianos e destacou como orador. Obtivo a a licenciatura en Teoloxía e o doutoramento na Universidade Pontificia en 1884. O cardeal Miguel Payá y Rico apoiouno para gañar as oposicións a unha coenxía de Maxistral en Santiago de Compostela e nomeouno profesor do Seminario. Co traslado de Payá a Toledo acompañouno e foi nomeado bispo auxiliar de Toledo en 1888. En 1890 converteuse en bispo de Tui. Encargouse de eliminar o poderoso grupo carlista que controlaba o seminario e administraba a diocese de Tui. Foi senador pola provincia eclesiástica de Santiago en 1896 e 1903. En 1914 foi elevado a bispo de Valencia, onde morreu o 5 de marzo de 1916.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Cudillero
Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1916