Víctor Guerreiro Pena, coñecido como Vitolo, nado nas Pontes de García Rodríguez o 18 de xaneiro de 1945 e finado o 11 de xaneiro de 2026, foi un político galego do BNG.
Traxectoria Traballador de Endesa e propietario dunha libraría. Encabezou a candidatura do BN-PG nas Pontes de García Rodríguez nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais do 1991 foi novamente o candidato do BNG á alcaldía das Pontes de García Rodríguez, sendo elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1995 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi elixido alcalde. Logo dunha moción de censura en febreiro de 1997 pasou a ser alcalde Vicente López Pena do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1999 foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde logo das municipais de 2003. Deixou a alcaldía logo das municipais de 2007, que gañou por moi poucos votos o socialista Valentín González Formoso. Finou nas Pontes o 11 de xaneiro de 2026.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez Ligazóns externas «Procuro ser un home sinxelo, que fala con todo o mundo». Entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes das Pontes de García Rodríguez Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2026