Vilarcovo foi un lugar da parroquia de Brandoñas, no concello coruñés de Zas, da comarca da Terra de Soneira. En 1966, coa construción do encoro da Fervenza, as terras de cultivo da aldea quedaron asolagadas polas augas, co que os veciños víronse obrigados a abandonalas e asentarse noutras terras. No entanto, o lugar en si non quedou asolagado, e consérvanse del as ruínas.

Demografía Como xa se indicou, o lugar quedou abandonado coa construción do encoro da Fervenza, pois as terras de cultivo da aldea quedaron asolagadas. A seguinte gráfica amosa a evolución da poboación do lugar desde 1920 até quedar deshabitado en 1970, segundo os censos e nomenclátores correspondentes:

Toponimia A primeira parte deste topónimo fai referencia a un Vilar. O nome común galego vilar procede da forma tardolatina , que á súa vez deriva do substantivo latino . Este último designaba unha explotación agraria ao redor dunha casa de campo, unha especie de granxa agrícola e gandeira pertencente a un señor importante.

Na época tardorromana os villares eran simples anexos das villae. A finais do primeiro milenio, o topónimo Vilar empregouse co mesmo significado que anteriormente tivera o latín villa. Na actualidade, un vilar é unha pequena agrupación de casas, ou, así mesmo, un 'conxunto de casas de labradío, cerradas e pertencentes a varios donos'.

Á vista tamén da segunda parte do topónimo, Vilarcovo podía ter feito referencia a unha antiga explotación agraria situada nunha depresión do terreo, pois iso é o que indica o adxectivo galego covo, procedente do latín hispánico 'oco, escavado'. Neste caso en concreto, o lugar podería ter descrito unha poboación asentada nunha zona arqueada ou afundida, como así era, xa que estaba situado nunha aba bastante pronunciada cara á beira dereita do río Xallas. O adxectivo covo está presente noutros topónimos como Agrocovo ou Riocovo.

O lugar de Vilarcovo e, en xeral, toda a parroquia, estaba situado nunha zona mineira desde tempos do Imperio Romano. Unha proba disto foi a expropiación de leiras para a prospección "de la mina de Vilarcobo" (Boletín Oficial de la provincia de La Coruña, nº235, 14 de abril de 1887). Aínda en épocas recentes, en xaneiro de 1984, a Empresa Nacional Adaro de Investigaciones Mineras continuaba na busca de ouro na área de Vilarcovo - Alborés.

A primeira atestación do lugar foi en 1524 no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela "en el lugar de Vilarcobo". Tamén en 1592 na relación de apeos do conde de Altamira: "Apeo de Vilarcobo de baixo y Vilarcobo de Riba en Sta. Maria de Brandoñas". No Catastro de Ensenada (1753) cítase un muíño "llamado Vilarcovo". No Diccionario geográfico-estadístico de Pascual Madoz (1845-1850) rexístrase coa grafía Vilarcobo. En Geografía General del Reino de Galicia de Carré Aldao (c.1928) consta, debido a unha errata, como se fosen dous lugares: Vilar, Cobo. No nomenclátor de 1860 aparecía como Vilarcobo e no de 1888, como Vilar-Covo. Apareceu como Vilarcovo nos nomenclátores de 1920, 1930, 1940 e 1970. Evidentemente, no Nomenclátor de Galicia de 2003 xa non se rexistra, ao quedar en ruínas.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Brandoñas

Parroquias de Zas

Categoría:Lugares de Zas Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Despoboados da provincia da Coruña