Frank Macfarlane Burnet (nado o 3 de setembro de 1899 – finado o 31 de agosto de 1985Nossal, G. J. V. (2007). "Burnet, Sir Frank Macfarlane (Mac) (1899–1985)". Australian Dictionary of Biography. Vol. 17. National Centre of Biography, Australian National University. ISBN 978-0-522-84459-7. ISSN 1833-7538. OCLC 70677943. Consultado o 1 de setembro de 2018.), foi un virólogo australiano coñecido polas súas contribucións á inmunoloxía. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1960 por predicir a tolerancia inmunitaria adquirida. Tamén desenvolveu a teoría da selección clonal.
Burnet obtivo a súa licenciatura en Medicina (MD) na Universidade de Melbourne en 1924, e o seu doutoramento (PhD) da Universidade de Londres en 1928. Seguiu realizando investigacións de vangarda en microbioloxía e inmunoloxía no Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall de Melbourne, e foi director do Instituto desde 1944 a 1965. De 1965 ata a súa xubilación en 1978, Burnet traballou na Universidade de Melbourne. Ao longo da súa carreira desempeñou un papel activo no desenvolvemento de políticas públicas para as ciencias médicas en Australia e foi membro fundador da Academia Australiana de Ciencias (AAS), da que foi presidente de 1965 a 1969.
Os prinicipais logros de Burnet en microbioloxía foron o descubrimento dos axentes causantes da febre Q e a psittacose; o desenvolvemento de ensaios para o illamento, cultivo e detección do virus da gripe; a descrición da recombinación de cepas do virus da gripe; a demostración de que o virus da mixomatose non causa enfermidade en humanos. Os métodos modernos de producir a vacina da gripe aínda se basean nos traballos de Burnet nos que melorou os procesos de cultivo dos virus en ovos de galiña.
Polas súas contribucións á ciencia australiana, Burnet foi elixido como o primeiro australiano do ano en 1960, e en 1978 cabaleiro da Orde de Australia. Foi recoñecido internacionalmente polos seus logros: ademais do Nobel, recibiu o premio Lasker e as medallas Real e Copley da Real Sociedade, nomeamentos de doutor honorario, e honras polos servizos distinguidos da Commonwealth e do Xapón.
Primeira etapa da vida
Burnet naceu en Traralgon, Victoria; o seu pai, Frank Burnet, un emigrante escocés en Australia, era o director da sucursal de Traralgon do Colonial Bank. A súa nai Hadassah Burnet (nada Mackay) era a fila dun inmigrante escocés de clase media, e coñeceu o seu pai cando Frank estaba traballando na cidade de Koroit. Frank tiña 36 anos e 14 anos máis que Hadassah.Biographical Memoirs, p. 101. A familia era socialmente protestante anglo-saxoa conservadora. Frank Macfarlane Burnet foi o segundo de sete fillos que tiveron e desde a infancia chamáronlle "Mac". Tiña unha irmá mái vella, dúas irmás máis novas e tres irmáns máis novos. A filla máis vella Doris tiña unha discapacidade mental que ocupba a msaior parte do tempo de Hadassah e a familia consideraba a condición de Doris como un estigma sobreentendido, e non animaban aos outros fillos a invitar amigos a casa, para que non se atopasen coa filla máis vella. Desde os seus primeiros anos en Traralgon, Mac gustaba de explorar as contornas da cidade, especialmente o regato Traralgon. Asistiu primeiramente a unha escola privada levada por un só profesor antes de empezar a estudar nunha escola primaria do goberno aos 7 anos. Mac estivo separado do seu pai —ao que lle gustaba pasar o seu tempo libre pescando e xogando ao golf— desde que era novo. Prefería actividades relacionadas cos libros desde novo e non era afeccionado aos deportes, aos oito anos tiña idade dabondo para analizar o carácter do seu pai; Mac desaprobaba o seu pai Frank e considerábao un hipócrita que adoptaba principios morais e poñía unha fachada de rectitude, mentes que estaba asociado con negociantes de dubidosa ética. Hadassah estaba dedicada a Doris, así que Mac desenvolveu unha personalidade solitaria.
Os Burnets trasladáronse a Terang en 1909, cando Frank foi destinado como director alí, despois de rechazar un posto en Londres. Burnet estaba interesado na vida silvestre da zona do lago Terang; uniuse aos Scouts en 1910 e gozaba coas actividades ao aire libre. Mentres vivía en Terang, comezou a coleccionar escarvellos e a estudar bioloxía. Familiarizouse cos traballos de Charles Darwin lendo artigos de bioloxía na Chambers Encyclopaedia.Biographical Memoirs, p. 102. Durante a primeira etapa da súa adolescencia, a familia pasaba as vacacións anualmente en Port Fairy, onde Burnet pasaba o tempo obervando e rexistrando o comportamento da vida silvestre. Estudou na escola estatal de Terang e asistiu á escola dominical na igrexa local, onde o crego o animaba a seguir estudos escolásticos e premiouno cun libro sobre formigas como recompensa polo seu rendemento acdémico. Aconsellou a Frank investir na educación de Mac e obtivo unha bolsa de estudos completa para estudar no internado do Geelong College, unha das escolas privadas de Victoria máis exclusivas. Empezou alí en 1913, onde era o único interno con bolsa de estudos completa. Non gozou da súa estadía alí entre os fillos da clase alta dirixente; mentres que a maioría dos seus compañeiros eran afoutos e orientados aos deportes, Burnet era amante dos libros e non inclinado ás actividades atléticas, e atopou que os seus compañeiros eran arrogantes e maleducados. Durante este período manteu en segredo a súa colección de escaravellos e a desaprobación dos seus pares, e mesturábase cos seus compañeiros só por necesidade. Non obstante, a súa habilidade académica deulle algúns privilexios e graduouse en 1916, sendo o primeiro na súa escola tanto en cualificación xeral coma tamén en Historia, Inglés, Química e Física. O típico itinerario univeritario que seguía unha persoa do seu nivel social era seguir estudos de Teoloxía, Dereito ou Medicina. Daquela estaba desilusionándose coa relixión e elixiu facer Medicina. Debido á primeira guerra mundial, o servizo militar era unha posibilidae e el pensaba que ter estudos médicos incrementaría as súas posibilidades de que lle desen un posto que non fose de combate.
Fundamentos académicos De 1918, Burnet estudou na Universidade de Melbourne, onde vivía no Ormond College cunha bolsa de estudos residencial. Alí, leu máis obras de Darwin e foi influenciado polas ideas científicas e sociais dos escritos de H. G. Wells.Biographical Memoirs, p. 103. Gozou do seu período na universidade e pasou gran parte do seu tempo libre lendo libros de bioloxía na bibloteca para alimentar a súa paixón polo coñecemento científico. Tamén tivo un breve éxito deportivo ao ocupar un posto no equipo de remo First VIII de Ormond durante un breve período. Continuou co seu estudo dos escaravellos en privado, porque aínda que os seus compañeiros de clase o descubrisen, alí non había problema con isto, xa que eles vían esta afección súa como algo positivo. Malia a súa timidez crecente, Burnet levábase ben cos profesores e estudantes da universidade. Burnet estaba automotivado e a miúdo faltaba ás clases para estudar ao seu propio ritmo máis rápido e procurar maiores coñecementos na biblioteca, e foi o primeiro en física e química no seu primeiro ano. Ao ano seguinte, 1918, mergullábase cada vez máis no traballo de laboratorio, pero tamén estivo acosado pola presión dos seus compañeiros para alistarse no exército, o cal para el era unha perspectiva desagradable. Porén, isto non se chegou a producir debido ao final da guerra. En 1919, foi un dos doce estudantes con mellor expediente seleccionados para unha clase extra, e volveu ser o primeiro no terceiro curso de fisioloxía. Comezou os seus traballos clínicos ese mesmo ano, pero non lle pareceron moi pracenteiros, xa que estaba principalmente interesado en diagnosticar os pacientes e tiña pouco interese en mostrarlles empatía.
Mentres estivo na unversidade, converteuse en agnóstico e posteriormente nun ateo belixerante; era escéptico sobre a fe relixiosa, que consideraba "un esforzo para crer o que o sentido común che di que non é verdade." Tamén lle parecía repugnante o que el consideraba unha conduta hipócrita dos practicantes relixiosos. Nos seus últimos anos dos seus cursos de universidade, o seu desgusto pola relixión empezou a inquietalo en maior medida. Empezou a interesarse polo comunismo durante un breve período, pero despois decidiu dedicarse á investigación científica. Daquela, o tempo que duraban os estudos de Medicina fora reducido a cinco anos para formar aos doutores máis rápido despois do estoupido da primeira guerra mundial, e Burnet graduouse como licenciado en Medicina e licenciado en Cirurxía en 1922, quedando segundo nos exames finais a pesar da morte do seu pai unhas poucas semanas antes. Entre os seus compañeiros licenciados estaban Ian Wark, Kate Campbell, Jean Macnamara, Rupert Willis e Roy Cameron, que foron científicos distinguidos.
Despois fixo unha residencia de dez meses no Hospital de Melbourne para adquirir experiencia antes de empezar a practicar. Os novos licenciados pasaron catro meses na sala de medicina, outros catro en cirurxía e os restantes dous en urxencias. Na sala de cirurxía traballou baixo a dirección de John Gordon e Alan Newton, ambos cirurxiáns famosos. Gozou enormemente deste período e quedou decepcionado cando tivo que facer a súa residencia de medicina. Porén, axiña se entusiasmou co seu traballo, inspirado polo neurólogo Richard Stawell, que para Burnet era un ídolo. Como resultado disto tiña o propósito de facer unha carreira en neuroloxía clínica, e escribiu un artigo teórico sobre como testar as perdas sensoriais despois de lesións nerviosos periféricas, pero o artigo non foi aceptado polo Clinical Report of the Melbourne Hospital. Burnet solicitou ser residente médico como parte do itinerario da súa carreira médica, mais o superintendente médico do Hospital de Melbourne, que estaba a cargo deses nomeamentos, xulgaba que o carácter e personalidade de Burnet eran máis axeitados para unha carreira de investigación de laboratorio, e pediu a Burnet que retirase a súa solicitude a cambio dun posto de patólogo residente sénior, que quedaría vacante en poucos meses. Burnet aceptou.
Durante o período de transición traballou como residente de patoloxía no Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall e tamén o preparou o seu director de exames de doutores en Medicina, despois en 1923. En 1923 conseguiu o posto de patólogo residente sénior no Hospital de Melbourne; os laboratorios formaban parte do Instituto Walter e Eliza Hall. Realizou investigacións sobre reaccións de aglutininas na febre tifoide, o que orixinou as súas primeiras publicacións científicas.Fenner, F. 1987. Frank Macfarlane Burnet. Historical Records of Australian Science 7:39–77. Este artigo tamén contén unha lista completa das publicacións de Burnet. Foi reimpreso nas Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 22:100–162. Unha versión resumida esá dispoñible en liña da Acdemia Australiana de Ciencias Decidiu traballar a tempo completo na resposta dos anticorpos nas febres tifoides, a pesar de que teoricamente se supoñía que estaba dedicándose á patoloxía como parte das súas obrigacións co hospital. Burnet quedou primeiro nos exames a doutor en Medicina con gran diferenza, e as súas cualificacións foron excluídas do proceso de baremación para que os outros estudantes non quedasen descartados por estaren moi por detrás.
miniatura|Frank Macfarlane Burnet coa muller e as fillas en Estocolmo en 1960