Niels Kaj Jerne, membro da Real Sociedade (FRS) (nado o 23 de decembro de 1911 – finado o 7 de outubro de 1994) foi un inmunólogo danés. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 con Georges J. F. Köhler e César Milstein "polas teorías sobre a especificidade no desenvolvemento e control do sistema inmune e o descubrimento do principio da produción de anticorpos monoclonais".
Jerne é coñecido por tres ideas significativas. Primeiro, en vez de que o corpo produza anticorpos en resposta a un antíxeno, Jerne postulou que o sistema inmunitario xa ten os anticorpos específicos que necesita para loitar contra os antíxenos.Nobel Prize Lecture - The Generative Grammar of the Immune System Segundo, sábese que o sistema inmunitario aprende a ser tolerante aos antíxenos do propio individuo e Jerne postulou que esta aprendizaxe ten lugar no timo. Terceiro, sábese que as células T e B se comunican unhas con outras.
A teoría da rede de Jerne propoñía que os sitios activos dos anticorpos son atraídos tanto por antíxenos específicos (idiotipos) coma por outros anticorpos que se unen ao mesmo sitio. Os anticorpos están en equilibrio, ata que un antíxeno altera o equilibrio, estimulando unha reacción inmune.
Vida e educación
Os seus devanceiros vivían na pequena illa danesa de Fanø desde había séculos, pero en 1910 os seus pais trasladáronse a Londres, onde naceu Jerne en 1911."Niels K. Jerne" en Nobelprize.org, consultado o 11 de outubro de 2020
Durante a primeira guerra mundial, os seus pais trasladáronse aos Países Baixos e alí Jerne pasou a súa mocidade en Rotterdam. Despois de estudar física durante dous anos na Universidade de Leiden, Jerne traslaouse a Copenhague e cambiou os seus estudos ao campo da medicina. Graduouse na Universidade de Copenhagen cunha licenciatura en medicina en 1947. Catro anos despois, obtivo o doutoramento coa tese Un estudo de avidez baseado nas respostas cutáneas dos coellos a mesturas de toxina-antitoxina da difteria.
Investigacións Desde 1943 a 1956 Jerne traballou como investigador no Instituto Nacional do Soro danés e durante ese tempo formulou unha teoría da formación de anticorpos. Dise que a Jerne ocorrénronselle as súas ideas científicas revolucionarias mentres estaba andando en bicicleta pola ponte Langebro de Copenhague de camiño ao traballo.
A teoría da formación de anticorpos significou para Jerne recibir recoñecemento internacional e en 1956 Jerne foi traballar na Organiación Mundial da Saúde en Xénova, onde foi xefe das Seccións de Estándares Biolóxicos e de Inmunoloxía. Seguiu nese posto seis anos ata que se trasladou aos Estados Unidos á Universidade de Pittsburgh en 1962 para traballar como profesor de Microbioloxía e catedrático do Departamento de Microboloxía por catro anos. Jerne continuou traballando na Organización Mundial da Saúde como membro do Panel Asesor de Expertos de Inmunoloxía desde 1962 en adiante.
En 1966 Jerne foi vivir a Europa e ocupou o posto de profesor de Terapia Experimental na Universidade Johann Wolfgang Goethe en Frankfurt. De 1966 a 1969 foi director do Instituto Paul-Ehrlich (Alemaña), tamén en Frankfurt. En 1969 Jerne cambiou de novo de traballo, esta vez foi a Basilea, Suíza, onde foi director do Instituto de Inmunoloxía de Basilea ata o seu retiro en 1980. Durante as décadas de 1970 e 1980, Jerne foi pioneiro no desenvolvemento da teoría da rede inmunitaria. Inicialmente, foi acollida con escepticismo entre os seus colegas; James Watson, por exemplo, díxolle a Jerne abertamente que a súa teoría "apestaba".
Vida familiar Jerne casou tres veces. Tivo dous fillos, Ivar Jerne (nacido en 1936) e Donald Jerne (nacido de 1941), con Tjek Jerne, unha pintora. Despois, Jerne tivo un terceiro fillo, Andreeas Wettstein, con Gertrud Wettstein, en 1971.
Premios e honras Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1984) Premio Marcel Benoist (1978) Premio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter (1982)
Concedéronlle doutoramentos honorarios na Universidade de Chicago (1972) Universidade de Columbia (1978) Universidade de Copenhagen (1979) Universidade de Basilea (1981) Universidade Erasmus de Rotterdam (1983)
Foi elixido membro de varias institucións académicas: Membro honorario estranxeiro da Academia Americana de Artes e Ciencias (1967) Membro da Academia Real Danesa de Ciencias e Letras (1969) Membro honorario da Sociedade Escandinava de Inmunoloxía (1970) Asociado Estranxeiro da Academia de Ciencias dos Estados Unidos (1975) Membro estranxeiro da Sociedade Filosófica Americana (1979) Membro da Real Sociedade (FRS) en 1980 Membro da Académie des Sciences francesa (1981)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
.
Ligazóns externas
Niels K. Jerne en Nobelprize.org Lectura do Nobel de Niels K. Jerne, "A gramática xenerativa do sistema inmunitario" . Vídeo dunha entrevista con Lewis Wolpert. Duración 37 minutos.
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Médicos de Dinamarca Categoría:Premios Nobel de Dinamarca Categoría:Inmunólogos de Dinamarca