Caitán García Vázquez, coñecido como Caitán das Quintas, nado nas Quintás (Andavao, Boimorto) contra 1894 e finado no Amenal (O Pino) o 20 de agosto de 1936, foi un represaliado galego.

Traxectoria

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos doce veciños do concello represaliados en agosto de 1936, nove deles integrantes da corporación municipal, detidos por partidas falanxistas, presumiblemente sinalados polo párroco de Boimil e Andavao, Emilio López Freire, en desacordo coas políticas da República contrarias á Igrexa. Foron enviados a Sobrado (Sobrado dos Monxes), onde quedaron recluídos no cárcere durante dous días sen comer nin beber e onde os torturaron. Posiblemente leváronos a madrugada do 20 de agosto de 1936 a Santiago de Compostela, onde non había sitio para máis presos, e dixéronlles que marchasen de volta ou que fixeran con eles o que estimasen oportuno. Decidiron separalos en dous grupos, levándoos a lugares diferentes.

Caitán das Quintás foi conducido ó Amenal (O Pino), xunto con Isidro Filloy López, Andrés Mera Filloy, Ramón Vázquez Garea, Ramón Sánchez Rapela e José Cabanas Vázquez, onde foron paseados na Agra da vila, logrando salvarse José Cabanas ó caer debruzado cando efectuaron os disparos.

Exhumación Isidro Filloy López, Andrés Mera Filloy e Caitán García Vázquez, foron exhumados no ano 2007 tras unha primeira escavación no Amenal dirixida polo arqueólogo forense Javier Ortiz Lejarza promovida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e entregados ós seus familiares no ano 2012 tras ser identificados. Os demais permanecen posiblemente nas foxas comúns do Amenal e en Ortoño polo que a ARMH e as familias de varios deles traballan co propósito de atopalos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia