miniatura|A ictericia é un sinal ou signo clínico.
O sinais clínicos ou signos clínicosDicionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Consellería de Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 2002. Páxina 704. (ou simplemente sinais ou signos) son as manifestacións obxectivas, clinicamente fiables e observadas na exploración médica, é dicir, no exame físico do paciente, a diferenza dos síntomas, que son elementos subxectivos, sinais percibidos unicamente polo paciente como, por exemplo, a dor, a debilidade e o mareo. A semioloxía clínica é a disciplina que serve ao médico para indagar, por medio do exame psicofísico do paciente, sobre os diferentes sinais que pode presentar.
Exemplos acropaquia (agrandamento dos dedos e brazos) adenopatía (inflamación dos ganglios linfáticos) ascite (líquido no abdome) caquexia (desnutrición extrema) edema (acumulación de líquido no espazo extracelular) eritema (arroibamento dunha zona do corpo) esplenomegalia (agrandamento do bazo) espirro (expulsión violenta e ruidosa do aire dos pulmóns que se realiza polo nariz e a boca por medio dun movemento involuntario e súbito do diafragma) exoftalmia (propulsión notable do globo ocular) febre (temperatura corporal maior de 37 °C) xinecomastia (agrandamento das mamas no home) hepatomegalia (agrandamento do fígado) hemoptise (esputos con sangue dos pulmóns) impo (contracción involuntaria do diafragma) ictericia (pel e mucosas amarelas) tose (saída súbita e ruidosa do aire contido nos pulmóns pola boca, producida pola irritación das mucosas das vías respiratorias).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anamnese Diagnóstico médico Problema de saúde Recoñecemento médico Signos vitais Síndrome Síntoma
Categoría:Termos médicos