Lautaro de León Bouzada Billar, nado en Montevideo o 9 de febreiro de 2001, é un futbolista uruguaio-galego que xoga como dianteiro no Andorra, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en Montevideo, con poucos meses trasladouse coa súa familia a Galicia. instalándose en Portonovo. Criouse nesta vila e formouse como futbolista na canteira do Portonovo SD, club no que ingresou con só catro anos. Con 16 anos fichou polas categorías inferiores do Celta de Vigo, entrando inicialmente no xuvenil B.

O 24 de marzo de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B, substituíndo a Víctor Pastrana nunha derrota por 1-3 contra a Cultural Leonesa. Marcou o seu primeiro gol o 18 de setembro nunha vitoria por 4-2 sobre o Melilla.

O 14 de decembro de 2020 disputou o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo do Celta. Foi nun encontro da Primeira División contra o Cádiz en Balaídos, onde entrou como substituto de Nolito. O 9 de febreiro de 2023, renovou o seu contrato até 2027.

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Cartagena, da Segunda División, pero na segunda metade da campaña xogou no Mirandés, tamén a préstamo.

En xullo de 2024 fichou polo Andorra, da Primeira Federación. O 21 de xuño de 2025, marcou o gol decisivo na vitoria por 1-0 ante a Ponferradina na final da promoción de ascenso, dándolle ao seu equipo o ascenso á Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do FC Andorra