Antonio Alonso Comesaña, nado en Matamá (Vigo) cara a 1907 e finado en Chapela o 16 de febreiro de 1937, foi un ebanista e político galego.

Traxectoria Fillo de Rogelio Alonso e Dolores Comesaña. Ebanista de Matamá. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Emilia Cabaleiro Amoedo e o seu fillo Antonio proporcionáronlle un agocho nunha cova de Porto Cabeiro onde estivo con Fernando Castro Domínguez, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas. Descubertos, foi asasinado no Alto da Encarnación de Chapela con Higinio Fernández, Manuel Vázquez, Emilia Cabaleiro e Antonio Cabaleiro o 16 de febreiro de 1937.

Vida persoal

Casou con Irene Fernández Fernández.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Na memoria de Emilia Cabaleiro Amoedo, asasinada en 1937 Emilia Cabaleiro Amoedo

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937