10 francosConquista do Espazo"10 francs Conquête de l'Espace". Numista.com130x130px130x130pxA/: Góndola de globo de gas. Valor facial e data. Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE.R/: De Rozier elévase ante a multitude no globo de Montgolfier. Marca de gravador (D. Ponce) Lenda: CONQVÊTE DE L'ESPACE / 1783 Período: 5ª República Francesa. Datas: 1983 Desmonetizada: 1 de xullo de 1993. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Daniel Ponce. Tiraxe: 3 000 972 exemplares (mais 4.000 de proba). Aliaxe: Cu 920‰, Ni 60‰, Al 20‰ Diámetro: 26,00 mm. Peso: 10,00 g. Espesor: 2,50 mm. Canto: Liso.

A moeda de 10 francos Conquista do Espazo é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida en 1983 pola Monnaie de Paris para conmemorar o bicentenario dos primeiros voos en globo, que tiveron lugar en 1783, inaugurando así a conquista do espazo.

Trátase dunha emisión conmemorativa mais con carácter circulante, e comparte a súa métrica coa moeda de 10 francos Mathieu, producida entre 1974 e 1987 para a circulación ordinaria.

Caracterización A composición, as características métricas e os deseños veñen fixados por un decreto do 12 de novembro de 1985."Arrêté du 12 novembre 1985 fixant les caractéristiques dune nouvelle pièce de 10 F en alliage de métaux communs". Legifrance.gouv.fr

Cuñáronse 3.000.972 exemplares desta moeda para a súa posta en circulación e, a maiores, outros 4.000 a modo de proba, coa palabra ESSAI ("proba") impresa no campo do reverso."10 francs Conquête de l'Espace Essai". Numista.com

Composición Do mesmo xeito que os 10 francos Mathieu, esta moeda cuñouse nunha aliaxe composta por cobre nun 920‰, níquel nun 60‰ e aluminio nun 20‰.

Deseño O seu deseño correspondeulle ao gravador Daniel Ponce. O motivo principal do anverso é unha escena que ilustra o primeiro voo tripulado dun aeróstato de gas cheo de hidróxeno, o 1 de decembro de 1783, levando a bordo o seu deseñador, o académico Jacques Charles, na compaña de Nicholas Robert, que foi autor da envoltura hermética do globo, axudado pola súa irmá Anne Jean.

Pola súa banda, o reverso conmemora o bicentenario do primeiro voo humano nun globo aerostático libre de cordas, deseñado polos irmáns Montgolfier, que sucedeu en París o 21 de novembro do mesmo 1783, apenas dúas semanas antes que o voo anterior, con Pilâtre de Rozier a bordo. Na imaxe deste reverso, o globo elévase despedido pola multitude.

O canto da moeda amosa como inscrición o lema nacional de Francia LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ, cada unha das palabras separadas por unha póla de loureiro, outra de oliveira e unha espiga de trigo.

Emisións especiais Á parte da versión estándar, destinada á súa posta en circulación, leváronse a cabo tamén diversas emisións especiais desta moeda para coleccionistas e investidores. Trátase de pezas con canto liso e en versión piéfort, é dicir, cuñadas en discos cun grosor moi superior ao habitual e con aproximadamente o dobre de peso da versión ordinaria. Estas emisións especiais leváronse a cabo tanto coa composición habitual de cuproníquel-aluminio (500 exemplares,"10 francs Conquête de l'Espace Piéfort cupro-nickel". Numista.com como en prata (1.000 ex.),"10 francs Conquête de l'Espace Piéfort argent". Numista.com en ouro (34 ex.)"10 francs Conquête de l'Espace Piéfort or". Numista.com e en platino (13 ex.)."10 francs Conquête de l'Espace Piéfort platine". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Léon Gambetta Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Victor Hugo Moeda de 10 francos Montesquieu Moeda de 10 francos Roland Garros

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático

Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Exploración espacial