Isabel Coixet i Castillo, nada en Barcelona o 9 de abril de 1960, é unha directora de cine española.

Traxectoria Naceu en Barcelona o 9 de abril de 1960. Licenciada en Historia pola Universidade de Barcelona, traballou como xornalista na revista Fotogramas. A súa afección á imaxe faille achegarse ó mundo do cine, desenvolvendo diversas tarefas, e ó mundo da publicidade no que, tras un tempo, creará unha produtora propia. Debutou como guionista e directora en 1989 con Demasiado viejo para morir joven, película coa que conseguiu un nomeamento aos Goya na categoría de Mellor director novel e, anos máis tarde, marcha a Estados Unidos decidida a filmar aló unha longametraxe: Cosas que nunca te dije (1996).

É un dos pesos pesados da industria publicitaria, e dirixe anuncios por todo o mundo: foi directora creativa da axencia JWT, fundadora e directora creativa da axencia Target e a produtora Eddie Saeta, obtendo os máis prestixiosos premios polos seus traballos este campo. Entre os seus clientes publicitarios figuran Telecomunicaciones Británicas, Ford, Danone, BMW, Ikea, Evax, Renault, Peugeot, Winston, Kronenbourg, Pepsi, Kellogg, MCI, Helene Curtis, Procter Gamble, Juventud de Philip Morris que Fuma Prevención, AT*T... entre moitos outros.

No ano 2000 creou a produtora Miss Wasabi Films dende onde tamén realizou destacados documentais -e videoclips ós máis variados músicos (dende Sexy Sadie ata Alejandro Sanz).

En 2003 triunfa con Mi vida sin mí e en 2005 dirixe La vida secreta de las palabras cuxos protagonistas son Tim Robbins e Sarah Polley.

En 2008 estrea Elegy, un drama romántico baseado na novela The Dying Animal, de Philip Roth, e protagonizado por Penélope Cruz e Ben Kingsley.

A comezos do 2009 remata a rodaxe de Mapa de los sonidos de Tokio, un filme que ten a Rinko Kikuchi e Sergi López Ayats como actores principais, e que se estreou o 28 de agosto do mesmo ano.

O 4 de setembro de 2020 anunciouse a concesión polo Ministerio de Cultura e Deporte español do Premio Nacional de Cinematografía como recoñecemento á súa traxectoria.

Filmografía 2025 Tres adioses 2020 It Snows in Benidorm 2022 El techo amarillo (documental) 2023 Un amor (baseada na novela de Sara Mesa) 2019 Foodie Love (serie de 8 episodios para HBO) 2019 Elisa y Marcela 2017 The Bookshop 2016 Spain in a Day 2016 Un corazón roto no es como un jarrón roto o un florero (curtametraxe) 2015 Nadie quiere la noche 2014 Aprendendo a conducir 2013 Another Me 2012 Ayer no termina nunca 2009 Mapa de los sonidos de Tokio 2008 Elegy 2005 The Secret Life of Words 2004 ¡Hay motivo! (episodio "La insoportable levedad del carrito de la compra") 2003 Mi vida sin mí (My Life Without Me) 1998 A los que aman 1996 Cosas que nunca te dije (Things I Never Told You) 1989 Demasiado viejo para morir joven 1984 Mira y verás (curtametraxe)

Premios Premio Nacional de Cine e Audiovisual de Cataluña (2002) pola película Mi vida sin mí. Premio Ollo Crítico de Cine na súa XIV Edición pola película, Mi vida sin mí. Medalla de Ouro das Belas Artes (2009) Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia (2015) Premio Nacional de Cinematografía (2020) Creu Sant Jordi da Generalitat de Cataluña

Premios Goya Ano Película CategoríaResultado2005 The Secret Life of Words Mellor películaGañadoraMellor directorGañadoraMellor guión orixinalGanadora2003 Mi vida sin mí Mellor películaCandidata Mellor directorCandidataMellor guión adaptadoGañadora1997 Cosas que nunca te dije Mellor guión orixinalCandidata1990 Demasiado viejo para morir joven Mellor director novelCandidata

Anuncios TV Fundación Once - Veo Veo (2006)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Clubcultura.com Web Oficial Ficha en IMDb (en inglés)

Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1962 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona