A Carreira Pedestre Popular de Santiago é unha carreira de atletismo que se leva a cabo na cidade galega de Santiago de Compostela dende o ano 1978 cada último domingo do mes de outubro. Conta cun percorrido duns 12 quilómetros para a categoría absoluta e arredor de 7 para a categoría escolar.

Historia Naceu con motivo do centenario do periódico El Correo Gallego coa saída na praza do Obradoiro e máis de 2.500 participantes. Nas primeiras edicións adoitabase formar un embude na saída co correspondente perigo de golpes e caídas polo que a trasladaron a San Francisco diante da Facultade de Medicina para finalmente pasar a facerse na avenida Xoán XXIII.

Na edicións de 1983 acadouse o récord de participantes con 7.325 dorsais e que aínda se mantén. Ao ano seguinte a cifra alcanzou os 7.124 atletas. Dende entón poucas veces se alcanzaría a cifra por riba dos 5.000 inscritos salvo no ano 2008 que se chegaría á cifra de 6.835.

Conta cunha ampla participación de atletas estranxeiros, especialmente portugueses e africanos, que gañaron a proba en múltiples ocasións. Entre os atletas galegos máis destacados que participaron na proba destacan entre outros: Javier Fernández Feijóo, Esther Pedrosa, Alejandro Gómez, Lolo Penas ou Adrián Ben. Entre os atletas santiagueses tan só cinco lograron vencer nalgunha edición.

O pistoletazo de saída foi levado a cabo por distintas personalidades do mundo da política, como Xerardo Fernández Albor ou Xerardo Estévez; ou do deporte, inclusive antigos participantes da proba.

Percorrido

Saída na avenida Xoán XXIII, San Caetano, Camiño do Francés, Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Fonte de Santo Antonio, praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, praza do Doutor Puente Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, praza de Vigo, Rosalía de Castro, avda. da Coruña, avda. das Ciencias, avda. do Dr. Novoa Santos, avda. das Burgas, avda. de Compostela, rúa do Cruceiro do Galo, rúa Galeras, Santa Isabel, Vista Alegre, avda. do Burgo, avda. Castelao (costa de Vite), Praza da Paz, rúa da Pastoriza, rúa Basquiños, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, Praza de Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, Cardenal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, praza das Praterías, Fonseca e praza do Obradoiro.

Palmarés

+ Gañadores Ano Edición Categoría masculina Categoría feminina 19781 Juan Santos Fátima Paz 19792 Rogelio Barragáns Estela Estévez 19803 Delfín Moreira Mercedes Buceta 19814 Delfín Moreira Rosa Mota 19825 David Tabares Rosa Mota 19836 Javier Fernández Feijóo Conceiçao Ferreira 19847 Javier Fernández Feijóo Carla Machado 19858 Alfonso Álvarez Valera Albertina Dias 19869 Carlos Monteiro Albertina Dias 198710 Manuel García Gendra Rosa Mota 198811 Carlos Monteiro Ana Moreira 198912 Carlos Monteiro Albertina Dias 199013 Tony Graham Esther Pedrosa 199114 Jesús González Margaride Conceiçao Ferreira 199215 Alejandro Gómez Fernanda Marques 199316 Antonio Pinto Manuela Machado 199417 Alejandro Gómez María Luisa Muñoz 199518 John Gilay Rosa Oliveira 199619 Carlos Adán Jane Wambura 199720 Godfrey Muriuki Gennet Georgis 199821 Alberto Álvarez Manuela Machado 199922 Benjamin Rotich Soledad Castro 200023 Carlos Adán Fátima Paz 200124 Edwin Kibet Helena Sampaio 200225 Julius Rotich Filomena Chepchirchir 200326 James Mibei Analía Rosa 200427 Philmon Kenei Emily Chebert 200528 Peter Kamais Leonor Carneiro 200629 Peter Kamais Leonor Carneiro 200730 Silas Kipruto Joan Alabei 200831 David Kiel Gladys Cherono 200932 Peter Kiriu Gladys Cherono 201033 Goitom Kifle Ninnie Jepkemoi 201134 Hassan Lehkili Rafaela Almeida 201235 Lolo Penas Sara Pinho 201336 Lolo Penas Solange Pereira 201437 Lolo Penas Mónica Silva 201538 Lolo Penas Joselyn Brea 201639 Nuno Costa Joselyn Brea 201740 Nuno Costa Joselyn Brea 201841 Alejandro Fernández Joselyn Brea 201942 Sergio Sánchez Joselyn BreaEn 2020 e 2021 non se celebrou pola pandemia 202243 Pablo Otero Joselyn Brea 202344 Mehdi El Nabaoui Laura Santos 202445 Esteban Iglesia Laura Santos202546 David de la Fuente Uxía Pérez

Máximos gañadores categoría masculina Nome Vitorias Anos Lolo Penas42012, 2013, 2014, 2015 Carlos Monteiro31986, 1988, 1989 Delfín Moreira21980, 1981 Javier Fernández Feijóo1983, 1984 Alejandro Gómez1992, 1994 Carlos Adán1996, 2000 Peter Kamais2005, 2006 Nuno Costa2016, 2017 Máximos gañadores categoría feminina Nome Vitorias Anos Joselyn Brea62015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2022 Rosa Mota31981, 1982, 1987 Albertina Dias1985, 1986, 1989 Fátima Paz21978, 2000 Conceiçao Ferreira1983, 1991 Manuela Machado1993, 1998 Leonor Carneiro2005, 2006 Gladys Cherono2008, 2009 Laura Santos2023, 2024

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carreira Pedestre de Santiago

Categoría:Competicións de atletismo en Galicia Categoría:Deporte en Santiago de Compostela