John Joseph Gotti Jr., nado o 27 de outubro de 1940, e finado o 10 de xuño de 2002, foi un mafioso estadounidense, xefe da familia criminal Gambino na cidade de Nova York. Gotti ordenou e axudou a orquestar en decembro de 1985 o asasinato de Paul Castellano, xefe dos Gambino, tomando pouco despois o control da familia e liderando o que foi descrito como o sindicato do crime máis poderoso dos Estados Unidos.

El e os seus irmáns creceron na pobreza e iniciáronse na vida criminal a idades temperás. Gotti converteuse rapidamente nun dos maiores traballadores da familia Gambino e nun protexido de Aniello Dellacroce, o subxefe da familia, operando fóra de Ozone Park, Queens. Seguindo a acusación do FBI de membros da banda de Gotti pola venda de narcóticos, este comezou a temer que Castellano o matase xunto co seu irmán Gene por vender drogas. Dado que este medo continuou medrando e, en medio do crecente desacordo sobre o liderazgo da familia, Gotti arranxou o asasinato de Castellano.

No seu mellor momento, Gotti foi un dos xefes criminais máis poderosos e perigosos nos Estados Unidos. Mentres que os seus iguais xeralmente evitaban atraer a atención, especialmente dos medios, Gotti recibía o nome de "the Dapper Don" (o Don Elegante) polas súas roupas caras e a súa personalidade franca fronte ás cámaras. Máis tarde acabou por recibir o alcume "the Teflon Don" despois da súa absolución en tres xuízos de grande relevancia nos anos 80, aínda que máis tarde saíu á luz que estes tiñan sido corrompidos por manipulación e mala conduta do xurado, ademais de intimidación de testemuñas. As forzas da lei continuaron recollendo evidencias contra Gotti, quen supostamente gañou entre 5 e 20 millóns de dólares por ano como xefe dos Gambino.Maas, p. 452

Notas

Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Mafia