Mare of Easttown é unha miniserie de televisión estadounidense creada e escrita por Brad Ingelsby para HBO. Dirixida por Craig Zobel, a serie estreouse o 18 de abril de 2021, e rematou o 30 de maio dese mesmo ano, composta por sete episodios. Está protagonizada por Kate Winslet no papel de Mare, que investiga un asasinato nunha pequena vila de Filadelfia. Julianne Nicholson, Jean Smart, Angourie Rice, Evan Peters, Sosie Bacon, David Denman, Neal Huff, James McArdle, Guy Pearce, Cailee Spaeny, John Douglas Thompson, e Joe Tippett compoñen o resto do elenco.
A serie recibiu eloxios da crítica pola súa historia, personaxes, actuacións e representación das mulleres. Tamén se destacou polos membros do elenco que falan cun acento de Filadelfia case perfecto, unha variedade que raramente se escoita nos medios de comunicación convencionais. Mare of Easttown recibiu dezaseis nomeamentos na 73ª edición dos Premios Emmy Primetime e gañou catro, incluíndo mellor actriz principal para Winslet, mellor actriz secundaria para Nicholson e mellor actor secundario para Peters.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2021 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América