Venera 7 foi unha sonda espacial da Unión Soviética lanzada o 17 de agosto de 1970 mediante un foguete Molniya MVL desde o cosmódromo de Baikonur para a exploración de Venus. Levaba un aterrizador que se converteu no primeiro obxecto en aterrar suavemente na superficie doutro planeta e transmitir datos desde ela.
Características Venera 7 foi unha sonda de tipo V-70 lanzada pola Unión Soviética que debía ser acompañada uns días despois por unha sonda xemelga pero que non chegou a abandonar a órbita terrestre. Tiña unha masa duns 1180 kg e era similar ás Venera 5 e Venera 6. A misión principal era o estudo directo da atmosfera de Venus e chegar á superficie para retransmitir datos desde ela, para o cal a nave levaba un módulo de descenso de 490 kg construído masivamente máis robusto que os das Veneras 5 e 6. Para soportar a presión e o impacto contra a superficie a sonda de descenso tiña forma esférica e estaba feita de titanio, engadíndolle material para absorber o impacto, sendo capaz de resistir ata 180 atmosferas de presión e ata 540 °C. A sonda levaba un pequeno paracídas de 2,5 m2 para unha caída máis rápida e pasar menos tempo na atmosfera. Como instrumentos de a bordo levaba un termómetro de resistencia e un barómetro aneroide. A sonda alimentábase con baterías e os datos enviábanse directamente á Terra cunha antena de baixa ganancia na banda decimétrica a unha velocidade de 1 bit/s. miniatura|Modelo da cápsula de descenso de Venera 7. O bus era case idéntico ao de Venera 4, con forma cilíndrica, 3,5 m de alto e con dous paneis solares cunha superficie total de 2,5 m2 e 4 m de envergadura. As comunicacións tiñan lugar medianta unha antena parabólica de 2,3 m de diámetro na parte do cilindro oposto ao dos paneis solares. No extremo dun dos paneis atopábase unha antena cónica omnidireccional. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores, usando sensores solares, terrestres e estelares para situarse no espazo. O bus levaba o seu propio conxunto de instrumentos científicos, consistente nun detector de vento solar e un detector de partículas enerxéticas.
Desenvolvemento da misión Venera 7 engalou o 17 de xaneiro de 1970 a bordo dun foguete Molniya xunto coa súa plataforma de lanzamento orbital coa que quedou nunha órbita terrestre. A etapa propulsora acendeuse máis tarde, poñendo a Venera 7 en camiño cara Venus, cunha corrección de traxectoria o 2 de outubro e outra o 17 de novembro. O módulo de descenso arrefriouse ata os -8 °C para soportar mellor as altas temperaturas do planeta, entrando no lado nocturno do planeta o 15 de decembro de 1970 ás 4:58:55 UTC. Despois do freado atmosférico despregouse o paracaídas, a unha altura de 60 km sobre a superficie, estendéndose a antena da cápsula e comezando a enviar datos. Seis minutos despois o paracaídas rompeu, coa cápsula en caída libre durante 29 minutos, impactando na superficie ás 5:34:10 UTC a uns 17 m/s e co seu sinal debilitándose ata un 3% do seu máxima, aumentando ao máximo durante un segundo e despois aparentemente desaparecendo. Análises posteriores das gravacións das sinais de radio mostraron que a cápsula seguiu transmitindo moi debilmente, ao 3%, durante 23 minutos. Creese que debido á gran velocidade de impacto, a cápsula rebotou e acabou descansando sobre un lateral, coa antena apuntando nunha dirección distinta á da Terra.
Resultados científicos O barómetro da cápsula fallou durante o descenso, pero o termómetro rexistrou unha temperatura constante de 475 °C na superficie. Extrapolando a partir de medicións de radio mediante efecto Doppler deduciuse unha presión de 92 bares na superficie e un vento cunha velocidade de 2,5 m/s.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Molniya (foguete) Programa Venera Venera 1 Venera 2 Venera 3 Venera 4 Venera 5 Venera 6 Venera 8 Venera 9 Venera 10 Venera 11 Venera 12 Venera 13 Venera 14 Venera 15 Venera 16 Venera-D
Categoría:Programa Venera