O árabe tunisiano é un dialecto magrebí do árabe falado por 11 millóns de persoas en Tunisia, non obstante o idioma oficial do país é o árabe estándar moderno. Os seus falantes chámano deriya ("dialecto"), para diferencialo do árabe, ou tunecí (é dicir, tunisiano).
No interior do país o árabe tunisiano mestúrase co alxerino e o libio como parte do continuo dialectal do que fan parte.
Como a maioría de dialectos magrebís, ten unha grande influencia de linguas imazighen, así como tamén da lingua púnica Elimam, A. (2009). Du Punique au Maghribi: Trajectoires d’une langue sémito-méditerranéene'. Synergies Tunisie, (1), 25-38. e latina. Tilmatine Mohand, Substrat et convergences: Le berbére et l'arabe nord-africain (1999), in Estudios de dialectologia norteafricana y andalusí 4, pp 99–119 O seu léxico inclúe palabras procedentes de linguas románicas, como o francés, o italiano ou o español, pola presenza en Tunisia de colonizadores destas procedencias cando o país era unha colonia italiana.A Conventional Orthography for Tunisian Arabic. www.researchgate.net.
A súa distribución xeográfica estendíase por territorios dos países veciños de Tunisia, como Libia ou Alxeria, nun continuo lingüístico con outros dialectos do árabe. Tamén ten presenza nas colonias de migrantes tunisianos en países de Europa, especialmente en Alemaña, Bélxica e Francia.
Notas
Categoría:Linguas de Tunisia